TRÁMITES DIRIXIDOS Á FAMILIA
Prestación por fillo menor de tres anos
Pago único de 360,00 € por cada fill@ menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo, sen que @ mesm@ fill@ poida dar lugar a máis dunha prestación.
Título de familia numerosa
Un Título de familia numerosa é o documento oficial que acredita a unha familia o estatuto legal de familia numerosa e que, unha vez exhibido, lle permite obter as vantaxes previstas por lei para tal condición.
Carné familiar
Expídese unha vez obtido o título de familia numerosa e permite que os seus membros obteñan descontos nos produtos que determinen os establecementos comerciais que se suman voluntariamente a este programa.
Dedución cota impuesto de saneamento por familia numerosa
Beneficio na dedución do 50% da cota tributaria do imposto de saneamento para usos domésticos por ser titular do título de familia numerosa
Apoio a familias en situacións carenciais graves con menores ao cargo
Axudas individuais de carácter periódico, de prevención e apoio á familia e atención ao menor; coa finalidade de proporcionar apoio económico e profesional ás familias para garantirlles a atención adecuada d@s fill@s e favorecer a permanencia destes no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlle ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación d@s nen@s e capacidade de autoorganización do núcleo familiar.
Becas de Material Escolar
As becas de material escolar son unha axuda individualizada que consiste na entrega dun bono de contía económica para a adquisición de material, a alumn@s de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria que estuden en calquera dos centros de ensino da localidade.
Anexo I Certificado de matriculación
Anexo II Declaración responsable
Anexo III Declaración responsable Circunstancias Económicas e Sociofamiliares especiais
Para máis información preme aquí