TRÁMITES DIRIXIDOS Á INCLUSIÓN
Renta de Integración Social de Galicia (RISGA)
É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes ao avance da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral, da persoa beneficiaria.
Axudas para situacións de Emerxencia Social
Axudas económicas de pago único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente.
Para os efectos desta norma considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente non cubertas polos diferentes sistemas de protección.
Axudas para situacións de Emerxencia Social Municipal
Área de Política Social Xunta de Galicia
PROGRAMA INCLUSIÓN SOCIAL DO COLECTIVO XITANO
Desde os servizos sociais comunitarios básicos municipais púxose en marcha en decembro de 2019 un programa orientado á inclusión social da poboación xitana veciña do Concello de Monforte que inclúe actuacións de apoio á inclusión residencial, mediación social e intercultural, prestación de reforzo socioeducativo das persoas menores de etnia xitana en idade escolar obrigatoria asi como apoio á inclusión básica a través do fortalecemento de capacidades persoais e sociais e formación dixital/competencias clave.
O programa enmárcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado polo Fondo social europeo Galicia 2014-2020 para o período comprendido entre o 01/12/2019 e o 30/06/2021
Para máis información dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.
PROGRAMA AUTOEDUCARSE PARA EDUCAR
Desde os servizos sociais comunitarios básicos municipais púxose en marcha en decembro de 2019 un programa dirixido a familias veciñas do Concello de Monforte de Lemos que desenvolve actuacións de carácter socioeducativo cara a promover procesos de cambio que favorezan un axeitado exercizo das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía e inclusión social das familias usuarias así como á promoción de espazos de encontro de nais e pais enfocados á mellora das capacidades parentais e educativas a través de metodoloxía de autoeducación para educar, parentalidade positiva e crianza respetuosa e a prevención e atención das situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social.
O programa enmárcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo Galicia 2014-2020 para o período comprendido entre o 01/12/2019 e o 30/06/2021
Para máis información dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.