Monforte de Lemos, 18 de decembro de 2019. Mañá xoves, 19 de decembro, terá lugar a clausura das actividades do Programa "Activa 2019" do Concello de Monforte de Lemos.
Dito acto, ó que está prevista a asistencia do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, celebrarase a partir das 6 da tarde no salón de actos do Centro Cívico.
O programa de actividades é o seguinte:
18:00-19:00 h- Salón actos do Centro Cívico:
- Benvida institucional ós asistentes
- Masterclass navideña, a cargo da monitora da actividade de Artesanía e Manualidades
- Exhibición de baile dos grupos de iniciación e perfeccionamento.
- Exposición de traballos realizados nos obradoiros
- Proxección dun vídeo resumo das actividades levadas a cabo
19:00 h.- Cafetería do Centro Cívico: Chocolatada para todos os asistentes.