Monforte de Lemos, 1 de xaneiro de 2020. Na Xunta de Goberno do Concello de Monforte, celebrada o pasado luns día 30 de decembro de 2019, o Equipo de Goberno aprobou a concesión de subvencións a Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións para actividades realizadas no exercicio 2019.
Esta liña de axudas ten por obxecto apoiar ás iniciativas, actuacións e programas que contribúen á dinamización da vida cultural de Monforte, actividades que complementan ou suplen os programas dos servizos culturais municipais, dentro do seu marco de competencias e dirixidos á comunidade en xeral.
O Alcalde, José Tomé Roca, indica que “o que pretendemos con esta liña de axudas é incrementar as actuacións culturais da nosa cidade, a través do fomento de charlas, coloquios, conferencias, publicacións, concertos, eventos, etc., que sexan de interese xeral para os cidadáns ou sobre algún colectivo que mereza especial atención. E tamén, queremos contribuír ó aumento do asociacionismo de tipo cultural, artístico e creativo na nosa cidade”.
A contía destinada a estas subvencións para actividades realizadas no ano 2019 ascendeu a 12.000 euros, sendo 1.000 euros a contía máxima de cada subvención.
Beneficiarios e requisitos
As entidades que podían solicitar estas subvencións debían ser asociacións legalmente constituídas que desenvolvesen actividades de interese xeral para o municipio de Monforte, tanto de carácter cultural coma veciñal, popular, profesional, lúdico ou recreativo, que tendo domicilio social, sede ou representación no Concello de Monforte de Lemos cumprisen, ademais dos sinalados no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, os seguintes requisitos:
- Carecer de ánimo de lucro.
- Estar debidamente inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Monforte de Lemos no momento de presentar a solicitude.
- Non ser debedora co Concello por calquera tipo de débeda de dereito público (será comprobado de oficio pola administración).
- Non ser debedora coa Facenda estatal ou autonómica e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
- Non estar incursa en prohibición para obter a condición de beneficiaria de subvención públicas.
- Ter xustificado debidamente as subvencións municipais recibidas con anterioridade nos termos que se fixasen nas correspondentes convocatorias.
Nesta liña de axudas municipais, quedaron excluídas as asociacións e entidades deportivas, así como aquelas que realizan actividades de carácter social.
As asociacións e entidades tiveron ata o 13 de decembro para xustificar as súas actividades e traballos. Tras finalizar este período, e superados os pertinentes informes técnicos, a Xunta de Goberno do Concello aprobou hoxe a concesión das seguintes subvencións:
NUM. |
ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO |
SUBVENCIÓN |
1 |
A. C. OS XOGRARES DE LEMOS |
622,63 € |
2 |
SOCIEDAD LA FRATERNAL |
905,64 € |
3 |
A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA |
849,04 € |
4 |
SOCIEDAD CIRCULO VICTORIA |
905,64 € |
5 |
A. CULTURAL Y DEPORTIVA SAN MARTÍN DE PIÑEIRA |
679,23 € |
6 |
A. VV. STA. BARBARA DE DISTRIZ |
275,37 € |
7 |
A. VV. DE RIBASALTAS |
679,23 € |
8 |
ASOCIACION PLATAFORMA DEFENSA SANIDADE PUBLICA |
392,26 € |
9 |
ASOCIACION VECIÑOS BARRIO DE COBAS |
77,28 € |
10 |
ASOCIACIÓN CULTURAL LEMAVOS |
566,03 € |
11 |
ANPA COLEXIO PP. ESCOLAPIOS DE MONFORTE |
679,23 € |
12 |
CASINO ATENEO DE MONFORTE DE LEMOS |
105,39 € |
13 |
A. VV. DE PIÑEIRA |
515,08 € |
14 |
ASOCIACION CULTURAL TEATREIRAS |
67,67 € |
15 |
ASOC DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA |
427,92 € |
16 |
SOCIEDADE GASTRONOMICA E CULTURAL O TIZON |
509,42 € |
17 |
ASOCIACION CULTURAL, DEPORTIVA E VECIÑAL DAS FONTES |
494,99 € |
18 |
ASOCIACION CULTURAL,EDUCATIVA E SOCIAL AULABERTA |
373,67 € |
19 |
A. VV. A XUNTANZA DE STA MARIÑA DO MONTE |
610,18 € |
20 |
ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA |
792,44 € |
21 |
A. VV. DO BARRIO DA FLORIDA "EDUARDO PONDAL" |
735,83 € |
22 |
ANPA COLEXIO A GÁNDARA |
735,83 € |