A 4ª edición do campionato de Scalextric Rali Slot de Monforte terá lugar esta fin de semana na Praza de Abastos

Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2019. A 4ª edición do Campionato de Scalextric-Rali Slot de Monforte está a ultimar os preparativos para abrir mañá as súas portas na Praza de Abastos de Monforte, e ata o vindeiro luns 6 de xaneiro.

Deste xeito, aínda que o campionato dará comezo ás 15.30 horas do sábado 4, xa pola mañá dende as 11:00 horas. Os horarios completos son: o sábado 4 de 11 a 13:30 horas durante a mañá, e pola tarde de 15:30 a 20:30 horas. Mentres que na xornada de domingo 5 e luns 6, o horario será de 11 a 14 horas.

Os organizadores do evento, como novidade este ano, montarán 2 pistas da marca Ninco con 2 circuítos de  diferentes tamaños, máis grandes e cunha decoración especial para a ocasión.

Os participantes no campionato, así como nos adestramentos, poderán traer os seus propios coches e mandos. Pero se non dispoñen deles, dende a organización se lles prestarán de xeito gratuíto, co cal todo aquel que desexe probar e pasar unha boa fin de semana competindo nos Scalextric poderá facelo con total comodidade.

O campionato está dividido en 3 categorías: infantil, mulleres e sénior, e nel poden participar persoas de todas as idades, dende os 2 anos. Para elo, deben formalizar previamente a súa inscrición na propia Praza de Abastos. A inscrición é gratuíta.

Para as diferentes categorías, se competirá nas dúas pistas mencionadas, dándolle tres pasadas a cada un dos tramos. Fora da competición oficial poderase practicar libremente nas pistas.

Para os primeiros e primeiras clasificadas nas diferentes competicións haberá trofeos e agasallos doados polas casas comerciais de Monforte que colaboran neste evento: xoguetes, vales de desconto, etc.

O prazo de inscrición aínda está aberto e xa hai apuntados participantes de diferentes concellos  de Lugo e Ourense, ademais de Monforte.