A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó primeiro semestre de 2020 iníciase en Monforte de Lemos o xoves 23 de xaneiro ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra Entre Soños da compañía Fran Sieira- Compañía de danza, obra creada por Fran Sieira e dirixida por Fran Sieira e David Vilarinyo.
Que é Entre Soños?
Entre soños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 minutos de duración, cun elenco artístico formado por 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ó son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos. E todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Vanesa Hernández (escenografía), Luis Perdiguero (iluminación), Alessio Meloni (deseño de vestiario), e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo).