Monforte de Lemos, 24 de xaneiro de 2020. O Alcalde de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, tivo ocasión de saudar en FITUR ó Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen felicitou pola súa investidura.
O encontro entre ambos mandatarios serviu para que mantiveran un intercambio de opinións sobre a situación e os retos fundamentais da provincia de Lugo e da propia cidade de Monforte, coma capital da Ribeira Sacra, no que quedou claro o compromiso do novo Executivo central co seu impulso.
O Alcalde tamén aproveito para facer balance de tres intensas xornadas en Fitur, nas que a promoción da provincia de Lugo así como da cidade de Monforte e a Ribeira Sacra, na súa candidatura a Patrimonio Mundial, centraron os esforzos do equipo provincial e municipal que acompañaron a Tomé Roca na que é unha das citas de referencia mundial arredor do turismo.