Convocado o VII Concurso de axudas para a confección de traxes medievais da XVIII Feira Medieval de Monforte

Monforte de Lemos, 31 de xaneiro de 2020. O Concello de Monforte de Lemos convoca o VII Concurso de axudas para a confección de Traxes Medievais, actividade que se realizará dentro do programa de actos da XVIII FEIRA MEDIEVAL do ano 2020. O concurso desenvolverase do 7 ó 21 de febreiro de 2020.

O obxectivo deste concurso é aumentar a participación da veciñanza nos diferentes actos da XVII Feira Medieval que terá lugar os días 11 e 12 de abril de 2020.

Os/as veciños/as interesados/as en participar neste concurso de axudas para a confección de traxes medievais deberán chamar entre o 7 ó 21 de febreiro de 2020 ás radios Principal Cadena Ser e Onda Cero Monforte durante a emisión local de luns a venres e contestar a unha pregunta formulada polo/a locutor/a referida a Monforte.

O número máximo de persoas participantes será de 60 e non poderán participar aquelas que xa recibiran a axuda nos concursos de confección de traxes medievais dos anos anteriores.

As radios colaboradoras emitirán unha lista o 24 de febreiro das persoas que acertasen as preguntas co seu nome e teléfono de contacto, estas persoas pasarán polo concello do 25 e o 28 de febreiro a realizar unha solicitude formal no rexistro municipal para que sexan subvencionadas cunha cantidade máxima de 40 euros por persoa. Subvención que deberá ser empregada na confección e elaboración dun traxe medieval que se lucirá nos actos da feira medieval os días 11 e 12 de abril de 2020.

O concello, despois do informe do Departamento de Cultura no que se porá de manifesto que os solicitantes coincidan coas persoas que acertaron a pregunta no programa de radio e que non houberan participado en concursos anteriores, ditará unha resolución acordando conceder a condición de beneficiarios ós que cumpran os requisitos, unha vez verificado que non exista impedimento legal para recibir a subvención.

Os beneficiarios da axuda, terán que xustificar a súa participación na Feira Medieval durante os días 11 e 12 de abril presentándose co seu traxe na Oficina de información da Feira Medieval sita na praza de España.

Tras a celebración da Feira Medieval, os beneficiarios da subvención, entre o 13 e o 20 de abril, deberán presentar ó seu nome no rexistro do Concello de Monforte a factura xustificativa do gasto da tenda colaboradora coa Feira Medieval onde realizou o seu traxe, polo importe  concedido como mínimo, no que conste o pago e o concepto.

Unha vez comprobado que a factura reúne todos os requisitos legais e que os beneficiarios participaron na XVIII Feira Medieval, o concello emitirá unha resolución recoñecendo a obriga a favor dos beneficiarios e procederá ao pago das axudas.

Os participantes neste concurso non poderán participar no Concurso de Traxes Medievais convocado polo Concello.

As tendas colaboradoras co Concello de Monforte no concurso de axudas para traxes medievais son:

  • GNOMOS, rúa Hermida Balado, 10.
  • NITA VEIGA, rúa Cardeal, 6; só adquisición de teas.
  • TEXIDOS PHILDAR, rúa Doutor Casares, 12.
  • RETALES MERCE, rúa Doutor Teijeiro, 38.

 

Para calquera cuestión ou aclaración adicional poderán dirixirse á Concellería de Cultura do Concello de Monforte de Lemos (Campo de Santo Antonio, s/n,. Teléfono 982402501)

 Bases Concurso Traxes Medievais

 Solicitude Traxes Medievais

 Factura Axudas Traxes Medievais