Monforte de Lemos, 3 de febreiro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe nos actos da festividade de San Brais en Monforte.
Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Obras e Servizos, José Luis Losada, e o Concelleiro portavoz, Ibán Torres, asistiron á cerimonia litúrxica que tivo lugar ás 11 horas na Igrexa da Régoa.
Tras a celebración da eucaristía, nunha igrexa ateigada de xente, tivo lugar a tradicional bendición das rosquillas.
E posteriormente os representantes municipais participaron na Procesión do santo no exteriores da igrexa da Régoa.