O Concello de Monforte dará a coñecer o valor do seu pasado sefardí en Tui

Monforte de Lemos, 7 de febreiro de 2020. O Equipo de Goberno do Concello de Monforte, dentro das súas accións de promoción turística da cidade e de difusión do seu patrimonio histórico e artístico, participará, a través da 1º Tenente de Alcalde, Gloria Prada, nas xornadas que organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT Galicia) os vindeiros 13 e 14 de febreiro en Tui.

En concreto, e baixo o título Os Xudeos e Conversos en Galicia: os seus lugares, a súa historia, na sede da UNED de Tui desenvolverase un programa que dará a coñecer ós asistentes os aspectos máis relevantes e destacados das xuderías dos tres concellos galegos que contan cun pasado sefardí, Tui, Ribadavia e Monforte de Lemos. Estes 3 concellos pertencen á Red de Juderías de España.

Gloria Prada acudirá acompañada polo historiador monfortino Felipe Aira, quenes darán a coñecer ós participantes os aspectos históricos, culturais e artísticos máis salientables da xudería de Monforte.

Na xornada do 13 de febreiro, os outros dous concellos galegos da Red tamén exporán as particularidades das súas xuderías. A xornada divulgativa completarase cunha charla sobre os xudeus de Ourense, Allariz e Monterrei.

O 14 de febreiro, ós asistentes a estas xornadas desprazaranse ata Monforte de Lemos para visitar a súa xudería. Será a partir das 15:30 horas e serán acompañados por Felipe Aira e Gloria Prada.

 

Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia

As xornadas Os Xudeus e Conversos en Galicia: Os seus lugares, a súa historia, enmárcase nas xornadas de formación e divulgación que periodicamente organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT Galicia). Nestas xornadas, o obxectivo é descubrir ou redescubrir unha parte ineludible da nosa historia e as distintas confesións que habitaron entre nós durante séculos.

Se ben os xudeus estiveron espallados por toda a nosa xeografía temos aínda hoxe vilas e cidades onde esa presencia forma parte do cotiá e do seu patrimonio tanto material como inmaterial. Estes lugares, a pesar das dificultades históricas, seguen a ofrecer a historiadores e investigadores, pegadas e material de investigación para seguir descifrando o día a día dos antergos xudeus de Galicia. Un material que desde o punto de vista turístico é tamén unha porta aberta a novas rutas e novos produtos que podemos empregar na nosa profesión.

Coa organización desde Xornadas, desde APIT Galicia búscase apoiar a estes divulgadores e as institucións que están a traballar día a día para o rexurdir das xuderías en Galicia: os concellos de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia.

 

Programa completo

As xornadas están dirixidas a asociados de APIT Galicia, cun custe de inscrición de 20 euros e tamén á público en xeral, cun coste de 40 €.

13 de febreiro

10:00 INAUGURACIÓN DAS XORNADAS

  • Alcalde de Tui.
  • Concelleiro de Turismo.

10:15 A XUDERÍA DE TUI

  • Suso Vila. (Historiador, Doutor en Historia da Arte e Xestor Patrimonial.)

11.00 A XUDERÍA DE RIBADAVIA

  • Antonio Míguez Amil (Responsable Oficina Turismo de Ribadavia e do centro de información xudea de Galicia).

11:45 Pausa

12.15 A XUDERÍA DE MONFORTE DE LEMOS.

  • Gloria Prada (Responsable Rede de Xudarías de Monforte de Lemos) e Felipe Aira, historiador monfortino.

13:00 OS XUDEUS DE OURENSE , ALLARIZ E MONTERREI

  • María Gloria de Antonio Rubio.(Historiadora e Investigadora del CSIC)
  • Mesa de Debate: Nexos xeográficos e profesionais entre as comunidades xudeas en Galicia.

14.15 Pausa

15.30 Visita da xudaría de Tui con Suso Vila.

14 de febreiro

9:30 saída en bus desde TUI

10.30 Visita da Xudaría de Ribadavia a cargo de Antonio Míguez Amil

13.00 Pausa

15.30 Visita da xudaría de Monforte de Lemos.

17.30 retorno a Tui e fin das xornadas.