Monforte de Lemos, 21 de febreiro de 2020. Monforte celebrou hoxe o Día Internacional do Guía de Turismo e participou un acto organizado pola Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, que consitiu nunha visita gratuíta a cidade aberta a todo o mundo, a cal partiu da Torre da Homenaxe.
Os participantes, entre os que se atopaban estudantes do ciclo superior de Guía, Información y Asistencia Turísticas IES Río Cabe de Monforte, foron recibidos pola Concelleira e Sanidade, Drogodependencias, Tráfico e Mobilidade, Pilar Espinosa.