DECRETO DE ALCALDÍA DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS DERIVADO DA SITUACION DO CORONAVIRUS

Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2020. O Concello de Monforte de Lemos comunica a toda a cidadanía o Decreto de Alcaldía derivado da situación do Coronavirus:

 DECRETO SUSPENSIÓN ÓRGANOS COLEGIADOS

 DECRETO CORONAVIRUS MONFORTE DE LEMOS

Dada a situación sanitaria na que nos encontramos e, como complemento as medidas acordadas polo Goberno do Estado e pola Xunta de Galicia, é preciso tomar decisións que afectan o ámbito estrictamente municipal, en relación co coronavirus COVID-19, e por elo, que con base no disposto no art. 21 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e do art. 61 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, o Alcalde de Monforte de Lemos resolve a adopción das seguintes medidas no ámbito do Concello de Monforte:

 

INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
Todas as instalacións municipais pecharanse a partir do día 14 de marzo de 2020. A atención presencial ao público quedará restrinxida a aqueles trámites urxentes, sempre previa cita, que deberá solicitarse no teléfono 982402501.
Polo tanto permanecerán pechadas ao público as seguintes dependencias municipais de uso grupal: Conservatorio de Música, Edificio Multiusos, Biblioteca Municipal, Casa da Cultura, Centro Cívico, Parques públicos, Instalacións Deportivas municipais, Obradoiro de emprego, Piscina municipal e Escola Infantil Municipal.
En cuanto á Praza de Abastos suspéndese todo tipo de actividade administrativa. En canto á actividade comercial a decisión será tomada por cada un dos concesionarios tendo en conta as medidas que, en dita materia, adopten as autoridades sanitarias.
Polo que atinxe ao Centro de Día e ó Centro de Drogodependecias, seguiranse as medidas que neste ámbito adopten ás Consellerías afectadas da Xunta de Galicia, dentro do seu ámbito competencial.

Actividade administrativa: Polo que se refire a actividade administrativa, tanto na Casa do Concello como no caso das dependencias de Deporte, Consumo, Promoción Económica e Oficina de Rehabilitación, ubicadas todas elas nas “Casitas” da Compañía, manteranse abertas as dependencias de atención ao público, pero con atención mediante o sistema de cita previa en todas as unidades, e solicítase da cidadanía que acudan as mesmas só en caso de estrita necesidade, priorizando a atención telefónica.

En calquera caso deberanse evitar, na medida do posible, as reunións de traballo, utilizándose, se procede, o sistema de vídeo conferencia. Naqueles supostos nos que sexa imprescindible a realización das devanditas reunións, terase en conta as recomendacións, especialmente no referido á distancia a gardar entre os asistentes, feitas polas autoridades competentes en materia de Saúde Pública. Igualmente seguiranse estas recomendacións no desempeño do traballo habitual.
Recórdase aos empregados públicos municipais a necesidade de cumprir estritamente as recomendacións que as autoridades sanitarias teñen realizado, especialmente ao mantemento das distancias, para evitar a propagación do
coronavirus COVID-19. Favorecerase a conciliación laboral e poñerase, sempre que sexa posible, os medios necesarios para a realización do teletraballo. En calquera caso evitarase as viaxes de traballo, salvo que sexan absolutamente imprescindibles.

Actividades deportivas, culturais e sociais: Queda suspendida a celebración de calquera tipo de actividade deportiva, cultural e social. Os organizadores das mesmas deberán decidir a súa anulación, ou, polo contrario, adiar a data de dita celebración.
Polo que respecta ao ámbito municipal quedan suspendidas as seguintes actividades: Carreira Popular, Feira Medieval, Actividades do Programa Activa, os Mercados Municipais da Praza de Abastos e o Mercadillo que se celebra no Parque dos Condes así como as Feiras que se celebran no mercando gandeiro.
Igualmente quedan suspendidas as actividades das Escolas Deportivas Municipais e as clases do Conservatorio de Música.
Igualmente e de acordo co disposto pola Consellería de Educación, referente á suspensión das actividades docentes en centros educativos, suspenderanse as actividades lectivas a partir do día 16 de marzo de 2020, por un período de 14 días, podendo ser prorrogado de acordo coa evolución das circunstancias de saúde pública.

S.A.F.
En relación ca prestación do S.A.F., a empresa concesionaria do mesmo deberá estremar as medidas de seguridade das traballadoras que prestan os seus servicios, co obxecto de alcanzar a máxima protección, tanto delas mesmas, como dos usuarios e usuarias do servizo. A tal efecto deberá de facilitar os E.P.I. (louvas, mascarillas, etc.) para que o servizo sexa prestado e recibido nas mellores condicións de seguridade.

RECOMENDACIÓNS XERAIS
Recórdase a toda a poboación en xeral, e aos empregados públicos municipais en particular, a necesidade de cumprimento, en beneficio de todos, das recomendacións feitas polas autoridades competentes en materia de Sanidade Pública.

ESTA RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA ENTRARÁ EN VIGOR AS 00:00 HORAS DO DIA 14 DE MARZO E MANTERASE ATA O DIA 30 DE MARZO, SALVO QUE AS CIRCUNSTANCIAS ACONSELLEN OUTRAS MEDIDAS, QUE DE SELO CASO SERÍAN COMUNICADAS.