Monforte de Lemos, 14 de abril de 2020. O Concello de Monforte informa que na mañá de hoxe levouse a cabo un corte no subministro de auga nas rúas Camilo José Cela e Castro Dactonio.
O corte realízase para proceder á reparación dunha avaría na rede de auga que se produciu hoxe pola mañá.
Agárdase que a avaría poida ser reparada o antes posible e procederase entón ó restablecemento do subministro de auga.
Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que este corte na rede de auga poida ocasionar.