Monforte de Lemos, 20 de abril de 2020. O Pleno da Corporación de Monforte vai celebrar unha reunión extraordinaria o próximo venres día 24 de abril, ás 20 horas, con tres puntos na orde do día, que teñen que ver coa xestión municipal, como son a incorporación de remanentes de tesourería ó orzamento municipal, a aprobación inicial do Regulamento da Agrupación Municipal de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil do Concello de Monforte, e a aprobación para consulta pública previa do Regulamento de uso, reserva e aluguer de instalacións deportivas municipais do Concello de Monforte de Lemos.
1.- Incorporación de remanentes ó Orzamento
O Concello de Monforte pechou o exercicio de 2019, cun remanente positivo de Tesourería de 7.228.729,21 €, dos cales están xa comprometidos en varias obras 480.887,25 €, entre elas a obra do Cardenal, quedando dispoñibles para ser aplicados e incorporados ó orzamento 6.747.841,96 €, o que supón a maior incorporación de remanentes da historia do Concello de Monforte.
O obxectivo do Equipo de Goberno é gañar tempo, para que cando se levante o Estado de Alarma por mor do COVID-19, haxa fondos suficientes en partidas estratéxicas para cubrir áreas de gasto que contribúan a garantir os Servizos Sociais, Investimentos, actuacións medioambientais, promoción económica, servizos municipais, promoción turística e tamén os efectos derivados do COVID-19.
Esta incorporación de remanentes é posible gracias á boa xestión económica realizada polo Equipo de Goberno, que colocou ó Concello sen débedas e con aforro importante que permite tomar medidas económicas en caso de ser necesario.
A idea non é gastar todos os remanentes, senón que, do que se trata é de adiantar os trámites administrativos por si fose necesario utilizar ese diñeiro.
A incorporación dos remanentes realizarase coa seguinte distribución, sendo flexible e suxeita a modificacións se fose necesario.
ESTADO DE GASTOS
CONCEPTO |
IMPORTE |
APLICACIÓN |
1.- Investimentos: |
||
Proxectos para obras de mellora de vías urbanas e rurais para facilitar a mobilidade, melloras da iluminación pública e plan de accesibilidade e infraestruturas municipais. |
3.000.000,00 |
|
- Melloras Urbanas………………………………………………………………...2.000.000 |
2.000.000,00 |
1532.619.04 |
-Melloras Rurais……………………………………………………………………….500.000 |
500.000,00 |
454.619.03 |
-Iluminación Pública………………………………………………………………..500.000 |
500.000,00 |
165.639.02 |
2.- Medio Ambiente: |
||
Construción e melloras de zonas verdes, parques infantís, saneamentos e abastecementos. |
1.250.000,00 |
|
-Parques e Xardíns…………………………………………………………………...800.000 |
800.000,00 |
171.619.01 |
-Saneamentos e Abastecementos……………………………………………450.000 |
450.000,00 |
160.619.00 |
3.- Promoción Económica: |
||
Realización de eventos de promoción de actividades económicas, axudas para contribuír a paliar os efectos do COVID-19 no Concello de Monforte e fomento da recuperación económica. |
1.400.000,00 |
|
-Actividades…………………………………………………………………………….300.000 |
300.000,00 |
4311.226.09 |
-Axudas………………………………………………………………………………...1.100.000 |
1.100.000,00 |
4311.480.01 |
4.- Promoción turística: |
147.841,96 |
|
Promoción do potencial patrimonial, cultural, paisaxístico e gastronómico de Monforte e da Ribeira Sacra como capital da comarca. …147.841,96 |
147.841,96 |
432.226.99 |
5.- Piscina Municipal: |
350.000,00 |
|
Posibles gastos derivados da intervención da piscina por parte do Concello….350.000,00 |
350.000,00 |
342.226.99 |
6.-COVID 19 |
100.000,00 |
|
Adquisición de material de protección e demais medidas necesarios…100.000,00 |
100.000,00 |
920.226.99 |
|
6.247.841,96 |
A este cadro hai que engadirlle outros 500.000 € que xa foron engadidos por Decreto do Alcalde sen necesidade de ir a Pleno ó poderse facer por vía de urxencia.
A suma de todas estas cifras dan como resultado os 7.228.729,21 €, co que, en caso de ser necesario, o Concello estará preparado para as actuacións que sexan necesarias.
2.- Regulamento de Protección Civil
O Regulamento de Protección Civil ten como obxectivo adecuar a normativa pola que se rexía ata agora á lexislación vixente e adecuar o seu funcionamento ás necesidades do Concello, dado que as agrupacións de Voluntarios de Protección Civil son municipais, sendo os Alcaldes os máximos responsables de Protección Civil dos Concellos.
O pasado mes de febreiro, o Pleno da Corporación aprobou a Consulta Pública Previa, que foi insertada no taboleiro de anuncios da páxina web do Concello de Monforte de Lemos o día 6 de marzo de 2020, sen que fose presentada ningunha alegación.
Superada a fase de Consulta Pública Previa, procede sometelo a Pleno para a súa aprobación inicial e a posterior publicación no Boletín Oficial da Provincia.
3.- Regulamento de instalacións deportivas municipais
No Concello de Monforte de Lemos existe unha alta demanda de uso de instalacións deportivas por parte, tanto de Clubs e Entidades Deportivas que se dedican ó fomento do deporte a tódalas idades, como por parte de usuarios esporádicos de tempo libre que realizan algunha práctica deportiva non regulada.
Tendo transcorrido máis dunha década dende a aprobación do regulamento existente, publicado e aprobado definitivamente no BOP número 213, de 16 de setembro de 2009, previa aprobación inicial na sesión plenaria de 2 de xullo de 2009, e debido ós cambios que se produciron neste tempo, tanto a nivel normativo como a nivel de novas necesidades reguladoras derivadas da demanda de espazos deportivos no Concello de Monforte, é necesario proceder á elaboración dun novo regulamento co fin de adaptalo ás novas necesidades reguladoras en materia de instalacións deportivas e de adaptalo tanto á lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia como ó R.D. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Facendas Locais.
Debido á nova normativa para a elaboración de cambios lexislativos ou de ordenanzas, é preciso que o Pleno aprobe sometelo a Consulta Pública Previa antes da aprobación inicial, para que calquera cidadán poida facer as súas aportacións antes de volver a Pleno, por iso será publicado na páxina web do Concello.