Monforte de Lemos, 20 de maio de 2020.
Este venres 22 de maio, con motivo da festividade de Santa Rita (patroa dos funcionarios), as oficinas do Concello de Monforte permanecerán pechadas a excepción do Rexistro Municipal, que estará aberto en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Poñemos esta información en coñecemento de toda a cidadanía a fin de evitar que os veciños que queiran facer algún tipo de xestións diferentes ás do Rexistro acudan en balde ese día ao Concello.