Mañá mércores ábrese o prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal

Monforte de Lemos, 2 de xuño de 2020. O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” ábrese a partir de mañá mércores día 3, atendendo a resolución da Dirección Xeral da Consellería de Educación sobre a realización das probas de acceso ao curso académico 2020/2021 nos conservatorios oficiais de música galegos.

 

Prazos para a presentación de solicitudes

O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical) será do día 3 ó 26 de xuño.

A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias por mor do Covid-19) na Secretaría do Conservatorio Municipal ou ou descargando a solicitude de proba de acceso ó grao elemental na Sede Electrónica-Tramitación, da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

As probas terán lugar na primeira quincena de setembro. A tal efecto, publicarase e informarase aos/ás aspirantes da data concreta, así como da modalidade da proba, presencial ou non presencial.

 

O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) será do día 3 ó 10 de xuño.

A inscrición poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade por mor do Covid-19) na Secretaría do centro ou descargando a solicitude de proba de acceso ao grao profesional e o impreso de autoliquidación  na Sede Electrónica-Tramitación da páxina web do Concello de Monforte,  enviándoa debidamente cuberta e co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

Estas probas de pase de grao terán lugar o día 22 de xuño e con carácter xeral desenvolverase  de maneira non presencial, agás nos casos que, debido a tipoloxía dos instrumentos (percusión,...) ou no caso de que exista un número maior de aspirantes inscritos/as que vacantes publicadas, as probas realizaríanse de maneira presencial por chamamento único a cada aspirante.

Publicarase na web do Concello, nun breve prazo de tempo, as obras orientativas, o formato concreto da proba e a canle pola que os aspirantes deberán realizar a mesma, así como as prazas dispoñibles.

Asemade, publicarase tres días antes da proba o exercicio de lectura e entoación.

 

Finalmente, a inscrición en Preconservatorio, materia que vai dirixida a nenos/as de entre 6 e 7 anos a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio, realizarase do 3 ó 26 de xuño e do 14 ó 18 de setembro.

A inscrición en Música e movemento, materia englobada na oferta da escola de música e dirixida a nenos/as de entre 4 e 5 anos que queiran ter un primeiro contacto coa música, realizarase do 3 ó 26 de xuño e do 14 ó 30 de setembro.

 

Neste final de curso certamente atípico, o Conservatorio Municipal segue a súa actividade a distancia e de maneira telemática, que rematará o día 12 de xuño co último día da avaliación final.

Para mais información, poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982403893, en horario de atención ó público de 9:00 a 14:00 horas.

 

Solicitude Proba Acceso Conservatorio Monforte

Formulario-Autoliquidación Conservatorio Monforte