Monforte de Lemos, 9 de xuño de 2020. O Concello de Monforte informa do inicio dos traballos de reparación e mellora do pantalán do río Cabe, que darán comezo nestes días.
Para elo, na xornada de hoxe procederase a vallar dito pantalán por motivos de seguridade, a fin de evitar accesos indebidos ó mesmo.
Dende o Concello rógase, mentres se leven a cabo estes traballos de reparación, que por seguridade non se acceda ó pantalán.