O Equipo de Goberno do Concello de Monforte destina preto de 115.000 euros para subvencións nominativas a clubs deportivos

Monforte de Lemos, 9 de setembro de 2020. O Alcalde Concello de Monforte, José Tomé Roca, informa que, a través da Concellería de Deportes, iniciou ó longo desta semana, unha rolda de contactos con cada unha das Entidades Deportivas e Clubs do Concello que teñen concedida subvención nominativa nos orzamentos do ano 2020, para comunicarlles o inicio dos trámites administrativos necesarios para o cobro de ditas subvencións.

Segundo salienta o Alcalde, “contactaremos, ó longo desta semana, con 30 entidades deportivas e clubs beneficiarios deste tipo de axudas, para os que destinamos un total de 114.372,50 €, case 5.000 euros máis que na pasada convocatoria, o cal revalida o compromiso firme que o Equipo de Goberno do Concello mantén coas entidades deportivas, clubs e asociacións da nosa cidade”.

Deste xeito, tras esta comunicación, os clubs e entidades poden iniciar xa os trámites administrativos para a xustificación e cobro das subvencións que en cada caso teñen concedida. Para elo, terán de prazo ata o 30 de xuño para presentar a documentación requirida polo Concello.

Unha vez teñan presentada dita documentación e esta estea en orde, cada entidade asinará co Concello o correspondente convenio polo importe da subvención concedida. Trala sinatura do convenio, o seguinte paso será a xustificación da subvención concedida que os Clubs terán que facer antes do 31 de outubro deste ano.

Estas subvencións están destinadas a sufragar gastos de actividades de fomento do deporte e a práctica deportiva, así como para contribuír ós gastos de participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante a tempada 2019 – 2020.

A asignación económica que ten cada unha das entidades deportivas e clubs é a seguinte:

 

CLUB DEPORTIVO

IMPORTE SUBVENCIÓN

 
 

A.D. A Ponte Vella

962,50 €

 

A.D. Colexio Ferroviario

800,00 €

 

A.C. Castelao

1.300,00 €

 

C.P. Calasancio

15.700,00 €

 

Club Templarios Pool

540,00 €

 

Sociedade Val de Lemos Caza e Pesca

1.500,00 €

 

A.D. A Gándara

2.400,00 €

 

C.V. Ribeira Sacra

10.500,00 €

 

Club Pesca Monforte

1.100,00 €

 

Club Taekwondo Neka

3.000,00 €

 

A.D. Torre de Lemos

800,00 €

 

C.B. Val de Lemos

7.300,00 €

 

C.N. Monforte

10.020,00 €

 

A.D. Escolapios

800,00 €

 

Club de Montaña Quixós

5.000,00 €

 

A.D. Veteráns

1.600,00 €

 

Club X.R. Quicela

5.000,00 €

 

A.D. Río Cabe

1.700,00 €

 

Club Fluvial Monforte

800,00 €

 

Club Lemos

17.500,00 €

 

Club Ciclista Monforte

962,50 €

 

Club de Fútbol Monforte

8.700,00 €

 

Club de Tiro Olímpico Cabe

400,00 €

 

Sociedade Colombófila Aires de Lemos

437,50 €

 

Club de Tenis Cuatro Vientos

525,00 €

 

Castelo Bike Club

962,50 €

 

C.C. Torre San Vicente

962,50 €

 

Club Korbis

7.000,00 €

 

Club de Pesca Río Cabe

1.100,00 €

 

Team Monforte Rally

5.000,00 €