Monforte de Lemos, 1 de xullo de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde do Concello, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, inaugurou na mañá de hoxe a exposición pública dos 7 proxectos presentados ó concurso de ideas da Ponte Nova de Monforte sobre o río Cabe, e que se fallou ó pasado 25 de xuño a favor da empresa lucense Monsa Urbanismo SL.
“Tal e como tiñamos comprometido”, indicou o Alcalde, “hoxe damos a coñecer as 7 propostas presentadas a este concurso mediante exposición pública para que todos veciños e veciñas de Monforte as poidan coñecer, especialmente a proposta gañadora escollida, que baixo o título de “Mercedes”, foi presentada pola empresa lucense Monsa Urbanismo SL.”
A exposición permanecerá aberta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte do 1 ó 13 de xullo e poderá ser visitada por todos os veciños e veciñas que desexen coñecer os 7 proxectos presentados a concurso, e en especial o proxecto gañador.
Para elo, os horarios establecidos para as visitas, en días laborables, son polas mañás de 10 a 14 horas, e polas tardes de 17 a 21 horas. Para a visita será necesario respectar as medidas de seguridade e hixiene así como o límite de aforo establecido na Casa da Cultura por mor do COVID-19.
A exposición dos 7 proxectos está ordenada segundo as puntuacións recibidas por cada un deles, ordenados de maior a menor puntuación.
Cabe recordar que a orde das puntuacións foi a seguinte:
- MERCEDES, de Monsa Urbanismo S.L. (Lugo)..........................................................................................................................................643 puntos
- CAMIÑOS DA PONTE NOVA, de Proyectos y Obras de Estructuras e Instalaciones S.L. (Vigo)........................................................... 578 puntos
- ALBO100, de Adriana Rodríguez González (Ferreira de Pantón, Lugo)............................................................................... .......................566 puntos
- MONFORTEFERRO, de Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura SL. Cimarq SL (A .................................................518 puntos
- LEMBRANZAS, de Temha S.L. (José Antonio González Meijide, Oleiros, A Coruña) ...................................................................................498 puntos
- XEITO, de Fhecor Ingenieros-Consultores SA (Javier Dorrico Liz, Madrid) .............................................................................................. 453 puntos
- UNHA BALCONADA ENRRIBA DO RÍO CABE de Francisco Valiente. Arquitecto Ingeniero S.L. (Valencia).......................................... 449 puntos