Monforte, 10 de setembro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de asinar un novo decreto no que establece a reapertura da Piscina Municipal e Ximnasio, unha vez que as autoridades sanitarias manifestaran que dan por controlado o brote da Covid-19 o pasado 17 de agosto no Concello de Monforte e que obrigara o seu peche a fin de evitar calquera situación de risco para os usuarios do servizo.
Os técnicos municipais, tendo en conta a información sobre a situación sanitaria que a día de hoxe obra en poder do Concello de Monforte, consideran que se pode proceder a re apertura da Piscina Municipal e Ximnasio, aplicando o mesmo Protocolo de uso aprobado por Decreto de Alcaldía do día 31 de xullo de 2020 “Protocolo de uso Piscina Climatizada e Ximnasio dende o día da súa re apertura tras o peche motivado pola crise sanitaria”
Por tanto a partir de hoxe xoves 10 de setembro procedese a reapertura da Piscina Municipal e do Ximnasio da mesma.
Consulta o decreto aquí