Mañá abre o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 16 de setembro de 2020. O Concello de Monforte anuncia que a partir de mañá xoves 17 de setembro abrirase o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música de dito Concello para o curso 2020/21.

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou en horario de tarde entre as 17:00 e as 19:00 horas.  Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no seguinte enlace:

 https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion

Dende o Concello infórmase que os/as alumnos/as terán que cumprir estritamente as normas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 indicadas na circular informativa, que se lles entregará no momento da inscrición.

Especialidades musicais ofertadas:

  • Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
  • Percusión ( bateria, percusión)
  • Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
  • Teclado
  • Acordeón
  • Guitarra española, Guitarra eléctrica
  • Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón.
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

Todas as persoas interesadas, poderán tamén informarse no 982 40 38 93.