O Concello de Monforte ven de rematar as obras de mellora de Camiños Municipais 2020

Monforte de Lemos, 17 de setembro de 2020. O Concello de Monforte informa que ven de rematar as obras de mellora de Camiños Municipais 2020. O proxecto foi adxudicado a FEVISA VIAS e OBRAS S.L por un importe total de 54.450,00 €

As vías que se incluíron no presente proxecto, forman parte da rede viaria municipal do Concello de Monforte de Lemos, e suman un total de 2,055 Km. de lonxitude entre todas elas:

Unha das vías sobre a que se actuou, a Finca Rey, presentaba un firme asfáltico moi deteriorado, con numerosos baches, blandóns, así como presencia de zonas de auga. Por elo, nesta vía se realizaron as seguintes partidas:

  • En primeiro  lugar, procedeuse ao drenaxe da plataforma de camiño con grava, nas zonas nas que era moi importante a presenza de auga.
  • En segundo lugar, procedeuse ao escarificado nalgunhas zonas con motoniveladora.
  • Nestas zonas levouse a cabo o refino e planeo da caixa do camiño con motoniveladora.
  • Colocouse unha base de pedra en toda a súa superficie, con pedra 32/63 mm., extendida con motoniveladora e compactada ata a densidade esixida, de 15 cm. de espesor.
  • Aplicouse un triple rego asfáltico basaedo nun primeiro  rego semiprofundo cunha dotación de 3,5 Kg/m² de emulsión ECR-2, saturados con 20 litros de grava miúda 8/12, un segundo rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun terceiro rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo elo debidamente compactado.

A outra vía sobre a que se actuou, a de Reigada, presentaba un firme bituminoso con dobre  tratamento superficial sobre grava e gravilla. Neste caso, e dado o mal estado de conservación que presentaba dito camiño, levouse a cabo unha rexeneración do firme, que consistiu en executar as seguintes partidas:

  • En primeiro  lugar procedeuse ao barrido do firme as zonas afectadas, por medios mecánicos, consistindo nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame.
  • Posteriormente efectuouse o bacheo nas zonas en que foinecesario, con bacheo de firme asfáltico, a base de 10 cm. de pedra 40/70, e un rego asfáltico con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2, debidamente saturado e compactado.
  • Por último, noutros tramos, procedeuse a aplicar un dobre rego asfáltico, sobre o firme existente, baseado nun primeiro  rego con dotación de 2 Kg/m² de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda 8/12 e dun segundo rego con dotación de 1,5 Kg/m² de ECR-2 saturados con 5 litros de grava miúda 5/8, todo debidamente compactado.

 

Os tramos afectados dos camiños sobre os que se actuou son os que seguen, coas partidas executadas en cada un deles:

01_Finca Rey:

P.K. 0,000 – P.K. 0,200  Cuneta + Barrido + Bacheo + Dobre rego

P.K. 0,200 – P.K. 0,285  Barrido + Bacheo + Dobre rego

P.K. 0,285 – P.K. 0,365  Cuneta + Barrido + Bacheo + Dobre rego

P.K. 0,365 – P.K. 0,395  Cuneta + Drenaje + Triple Rego

P.K. 0,395 – P.K. 0,430  Cuneta + Barrido + Bacheo + Dobre rego

P.K. 0,430 – P.K. 0,470  Cuneta + Drenaje + Triple Rego

P.K. 0,470 – P.K. 0,505 Cuneta + Barrido + Bacheo + Dobre rego

P.K. 0,505 – P.K. 0,555  Cuneta + Drenaje + Triple Rego

P.K. 0,555 – P.K. 0,690  Cuneta + Base de Piedra + Triple rego

P.K. 0,690 – P.K. 0,815  Cuneta + Drenaje + Triple Rego

P.K. 0,815 – P.K. 0,940  Cuneta + Escarificado + Refino + Base de Piedra + Triple Rego

 

02_Reigada:

P.K. 0,000 – P.K. 1,115  Barrido + Bacheo + Dobre rego

Para levar a cabo as actuacións o Concello de Monforte contou cunha subvención por importe de  49.456,34 € do AGADER; esta axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco da medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020.