Monforte de Lemos, 29 de setembro de 2020. O Concello de Monforte será un dos escenarios protagonistas do transcurso da 8ª Marcha ciclista unificada organizada pola asociación Special Olympics Galicia, que une deporte e inclusión social.
Ademais do Concello de Monforte, Sober e Ferreira de Pantón, serán os outros municipios que acollerán ós ciclistas desta Marcha durante a primeira xornada, que terá lugar este xoves 1 de outubro. O venres, será a quenda do Concello de Baños de Molgas, en Ourense, que collerá o relevo da Marcha.
O Alcalde do Concello de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou o apoio que ambas entidades prestan a este evento, “porque é un exemplo de deporte inclusivo no que participan persoas con e sen discapacidade intelectual, e polo tanto conecta directamente coa nosa decidida aposta polas políticas de índole social”.
Do mesmo xeito, “a pesar da actual situación de crise sanitaria derivada do Covid-19, dende a Deputación e o Concello secundamos este tipo de iniciativas porque posibilitan que persoas con e sen discapacidade compartan unha xornada de deporte e ocio inclusivos, neste caso en concellos da zona sur da nosa provincia”, destacou o mandatario provincial.
Dende Special Olympics Galicia, o seu presidente, Eladio Fernández, sinala “son tempos complicados, pero debemos buscar a maneira de retomar a maior normalidade posible. Con esta actividade, queremos poñer o noso grao de area para retomar pouco a pouco a actividade, e ofrecer una alternativa de ocio e deporte seguro para tódalas persoas con discapacidade intelectual que durante estes meses viron especialmente reducida a súa oportunidade de relacionarse fóra do núcleo familia”.
Do mesmo xeito, o máximo responsable de Special Olympics Galicia resalta o carácter innovador desta marcha pois “esta iniciativa empezaba hai xa oito anos como unha experiencia piloto, e aínda que esta edición vai ser moito mais conservadora dadas as circunstancias derivadas da crise sanitaria, mantén intacta a súa esencia”.
A primeira ruta ciclista será estes xoves, día de 1 de outubro, e nela participarán 16 deportistas e 3 adestradores que cubrirán a ruta de Sober-Ferreira de Pantón-Monforte-Sober.
A saída desta primeira ruta terá lugar ás 10:45 horas dende a Praza do Concello de Sober. A chegada prevese ás 14:00 nesta mesma localización, tras percorrer as rúas de Monforte e Ferreira de Pantón.
A segunda xornada celebrarase o venres día 2 e terá lugar na localidade de Baños de Molgas, na provincia de Ourense, saíndo ás 10:45 dende a estación do tren, e con chegada ás 14:00 a esta mesma localización.
Special Olympics Galicia é unha Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual. Unha organización sen ánimo de lucro que traballa pola promoción e a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer, o tempo libre, a cultura e o deporte.
DATOS DE PARTICIPACIÓN
PRIMEIRA RUTA. Sober-Ferreira de Pantón-Monforte de Lemos-Sober. 1 de outubro 2020.
Entidade |
Orixe entidade |
Número de deportistas |
Número de adestradores |
Total Participantes |
PRODEME |
MONFORTE |
15 |
3 |
18 |
VOLUNTARIOS UNIFICADOS |
SANTIAGO |
1 |
|
1 |
ORGANIZACIÓN |
VARIOS |
|
|
9 |
OUTROS COLABORADORES |
VARIOS |
|
|
3 |
|
TOTAL |
16 |
3 |
31 |
SEGUNDA RUTA. Baños de Molgas. 2 de outubro 2020.
Entidade |
Orixe entidade |
Número de deportistas |
Número de adestradores |
Total |
ASPANAS |
OURENSE |
4 |
1 |
5 |
PRODEME |
MONFORTE |
8 |
1 |
9 |
VOLUNTARIOS UNIFICADOS |
SANTIAGO |
1 |
|
1 |
ORGANIZACIÓN |
VARIOS |
|
|
9 |
OUTROS COLABORADORES |
VARIOS |
|
|
3 |
|
TOTAL |
13 |
2 |
27 |