O Concello informa que a Feira do Mercado Gandeiro de Monforte abrirá este sábado 24 con restricións

Monforte de Lemos, 22 de outubro de 2020. O Concello de Monforte informa que este sábado día 24 de outubro a Feira do Mercado Gandeiro de Monforte abrirá con restricións, derivadas da Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, terá lugar unha limitación do aforo da Feira, pasando a ser do 50%.

En canto á instalación dos postos, terán preferencia aqueles relacionados coa alimentación, accedendo ó recinto feiral o resto de postos por orde de chegada, ata completar o aforo indicado do 50%.

No caso dos postos de polbo, estará permitido que poidan vendelo para levar ou para consumir in situ pero para elo deberán respectarse ás medidas de distanciamento, aforo e número de comensais por mesa establecidos pola citada Orde do 21 de outubro.

Dende o Concello se colocarán carteis informativos por todo o recinto feiral a fin de que tanto os feirantes como os usuarios que acudan ó Mercado poidan coñecer as novas normas específicas así como os protocolos de seguridade establecidos de acordo coas indicacións determinadas polas Autoridades Sanitarias.