Monforte de Lemos, 23 de outubro de 2020. O Concello de Monforte informa que o vindeiro luns 26 de outubro levarase a cabo un corte no subministro de auga nas rúas Alonso Ríos e Vicente Risco, para facer as correspondentes conexións da acometida á nova tubaxe de fundición.
O corte iniciarase ás 9:00 horas e prevese que se estenda ó longo de toda a mañá.
Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.