Monforte de Lemos, 31 de outubro de 2020. O Concello de Monforte informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos en relación á celebración da festividade de San Martín de Porres, que é o patrón dos traballadores da empresa Fomento de Construcciones y Contratas (FCC Medio Ambiente S.A.), encargada deste servizo, así como da limpeza viaria e outros servizos complementarios na cidade de Monforte.
Dita festividade de San Martín de Porres establece como día festivo o vindeiro martes 3 de novembro, motivo polo cal nese día unicamente prestaranse os servizos de recollida e transporte de residuos urbanos, limpeza viaria e outros servizos complementarios correspondentes a un día festivo.
Por este motivo, dende o Concello prégase ós usuarios e veciños da cidade que se absteñan de depositar o lixo en dito día.