O Concello mellora as telecomunicacións do Edificio Multiusos

Monforte de Lemos, 13 de novembro de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Toca, ven de informar sobre un novo proxecto de mellora nas infraestruturas municipais do Concello, neste caso en relación co Edificio Multiusos, ubicado na Ronda María Emilia Casas Baamonde.

En concreto, o proxecto que está a desenvolver o Concello nestas instalacións, “suporá a mellora integral da infraestrutura de telecomunicacións deste edificio, para o cal destinamos unha partida de cerca de 40.000 euros”, sinalou o Alcalde, “en concreto, 39.080,73 euros”.

O desenvolvemento deste proxecto corre a cargo da empresa monfortina Val de Lemos, a cal xa está a traballar no edificio, logo de que lle foran adxudicados os traballos nos pasados días.

Este proxecto ten como obxectivo ofrecer ós diversos usuarios do Edificio Multiusos, servizos de información e xestión a través dunha rede de comunicacións propia que abarcará a totalidade do edificio. Deste xeito, unha vez rematados os traballos, o edificio contará cunha nova rede privada de telecomunicacións de tipo LAN/WLAN, que suporá unha mellora significativa na velocidade de navegación e de conexións de Internet dos seus usuarios.

“Dende o Equipo de Goberno do Concello”, destaca o  Alcalde “decidimos levar adiante este proxecto de mellora das telecomunicacións do Multiusos motivados pola importancia que hoxe teñen as novas tecnoloxías en todos os eidos das interaccións humanas, e no que o acceso a Internet como medio de difusión do coñecemento e da comunicación constitúese nunha ferramenta fundamental”.

O Edificio Multiusos é a sede do Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez, da Escola Municipal de Música e Danza, e ademais conta cun salón de actos con capacidade para 476 persoas, unha sala de exposición permanente, un Aula Multimedia así como locais de ensaio para grupos musicais. “Todas estas localizacións se verán beneficiadas por este proxecto xa que a mellora da rede de telecomunicacións abarcará a todo o edificio” conclúe o rexedor municipal.

Descrición do proxecto técnico

O proxecto de mellora da infraestrutura de telecomunicacións do Edificio Multiusos, ten un dobre obxectivo. Dunha banda, suprimir as deficiencias no acceso a Internet que teñen certos puntos do edificio. E doutra banda, equiparar os medios para o acceso á sociedade da información dos seus usuarios e traballadores cos medios actuais do mercado.

Así, toda vez implantada a nova rede de telecomunicacións, esta vai permitir a configuración dunha intranet que abarque os principais espazos deste edificio municipal e que garanta un acceso axeitado a Internet.

O proxecto conta entón con 4 redes:

  1. Rede Troncal: Esta interconexión levarase a cabo usando switches mediante conexión por fibra óptica en estrutura de anel co fin de garantir o balanceo da rede e evitar puntos únicos de fallo ante a caída dalgún dos equipos.
  2. Rede Interconexión Municipal (MAN): Prantéxase a posible interconexión con outros edificios municipais por medio de radio enlaces inalámbricos na frecuencia de 5Ghz. Para iso contémplase a instalación dunha basee femia dobre RJ45 para a súa futura implantación. Esta rede é fisicamente independente á de terceiros, co cal as comunicacións do Concello serán independentes, garantindo un uso exclusivo do ancho de banda desta rede e unha maior seguridade ante intrusións alleas.
  3. Rede de Acceso cableada (LAN): Esta rede componse de conectores base RJ-45 femia e está destinada a proporcionar interconectividade ós espazos finais de Internet situados no edificio. Sendo perfectamente escalables mediante a incorporación de switches que se adapten ao numero de usuarios do espazo de traballo.
  4. Rede de Acceso WiFi (WLAN): Será unha rede de acceso mediante tecnoloxía mallada para os dispositivos inalámbricos próximos a espazos comúns. A rede estará formada por puntos de acceso WiFi segundo o estándar 802.11ac que se conectarán directamente coa rede LAN.

Equipamento

O controlador desta rede estará composto por un equipo enrackacle que dispón dos seguintes elementos:

  • WAN:
    • 10G SPF+
    • 1G RJ45
  • LAN:
    • (1) 10g SFP+
    • (8) 1G RJ45

 

O controlador posúe as funcións necesarias para as necesidades que prantexa o edificio:

  • Porta de enlace de seguridade de clase empresarial que combina enrutamiento, servizos VPN e cun rendemento total de xestión de 3.5 Gbps. Balanceo de rede.
  • NVR de videovixiancia con soporte HDD estándar de 3.5".
  • IPS/IDS,DPI e capacidades de Wi-Fi AI de clase empresarial.
  • Procesador de catro núcleos a 1.7 GHz.
  • Configuración, control e monitoreo intuitivos e robustos.
  • Actualización de firmware e respaldos automáticos.
  • Portal cativo / Soporte de punto de acceso

 

A rede de acceso Wifi consta de puntos de acceso WiFi que soporten o estándar 802.11ac MIMO (WIFI4EU). Estes puntos de acceso poderán ademais configurarse para ofrecer encriptación avanzada (WPA2) con clave dinámica por sesión e usuario (usando 802.1x e un servidor RADIUS). Os puntos de acceso instalaranse no interior do edificio e traballarán nas bandas de frecuencia de 2,4 e 5 GHz:

  • BSSID ata catro por Radio.
  • Seguridade inalámbrica WEP, WPA-PSK, WPA-TKIP,WPA2 AES, 802.11i.
  • Control avanzado de tráfico
  • VLAN 802.1Q
  • QoS avanzado por usuario
  • Illamento de trafico para invitados
  • Máis de 200 clientes simultáneos.

 

A rede WiFi conta con accesos que estarán encriptados. Implementarase un sistema “hotspots” mediante un esquema de encriptación AES de 128 bits e estará protexida usando WPA2 con autenticación mediante 802.1x. Todos os usuarios válidos dispoñerán dun nome de usuario e contrasinal que lles permitirá o acceso á rede e a encriptación das súas comunicacións.

Para esta zona WiFi, establécense 8 puntos de conexión directa á rede troncal en diversas ubicacións do edificio e a rede WiFi contará cunha capacidade de 500 usuarios simultáneos, cunha velocidade de 8 Gbps agregados sendo a taxa aproximada de 15 Mbps/usuario.