Monforte de Lemos, 4 de decembro de 2020. O Concello de Monforte informa que se ven de producir unha avaría na rede de subministro de auga na Rúa Sarria, esquina Avenida de Galicia
Nestes momentos, a avaría está sendo reparada e espérase que o servizo poida ser restablecido o antes posible.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños da zona e rogamos desculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar.