Monforte de Lemos, 8 de decembro de 2020. O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer os festivos locais para o ano 2021, salientando que “mantemos a tradición que se veu dando no Concello monfortino dende fai moitos anos coa festividade de San Antonio e dende fai séculos coa festividade do Martes de Pascua, conservando deste xeito os costumes da sociedade monfortina”.
Deste xeito, os festivos locais para o 2021 son:
- Martes de Pascua: celebrarase o martes 6 de abril de 2021.
- San Antonio: debido a que este ano o día da festividade de San Antonio cae a domingo 13 de xuño, o día festivo pasará ó luns 14 de xuño de 2021, pois, se a pandemia do Covid-19 permite para entón a celebración deste tipo de festexos, dende o Concello quérese facilitar con este cambio que as festas de San Antonio poidan celebrarse en data festiva.