Monforte de Lemos, 10 de decembro de 2020. O pasado 24 de novembro o Concello de Monforte convocou as axudas para a contratación de alumnos da Escola Obradoiro da Pinguela, destinadas a empresas do sector da construción, toda vez que os alumnos finalizarán a súa formación o vindeiro 16 de decembro.
En concreto, trátase de axudas de 1.500 euros destinadas fomentar a contratación dos alumnos dos módulos de fontanería e albanelería participantes no Obradoiro dual de emprego “Acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro da Pinguela”.
Para poder recibir estas axudas, as empresas deberán formalizar os contratos cos alumnos antes de que finalice o ano, e os contratos deberán ser de alomenos 3 meses. Todas as empresas do sector da construción interesadas en solicitar estas axudas teñen de prazo ata mañá para formalizar as súas solicitudes.
A estas axudas poden optar entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego.
Toda a información neste enlace.