Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2020. O Concello de Monforte acolle a estrea da segunda das dúas obras do Programa de Teatro Afeccionado-Ciclo Táboas cheas de emoción, que organiza en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia.
Así, este sábado 19 de decembro o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá a representación da obra, dirixida a público adulto, “Hotel Desencanto” da compañía Hipócrita Teatro, a partir das 20.00 horas.
A entrada é gratuíta e o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas, dependendo si veñen convivintes, segundo a normativa vixente para este tipo de espazos e actividades. A entrada do público ó salón da Casa da Cultura terá lugar media hora antes do inicio da obra (19:30 h).
Sinopse
O Hotel desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ó hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograrano?
Protocolo ante o Covid-19
Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:
- A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación: nestes momentos o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas.
- A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
- A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
- Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
- Gardarase a distancia social de seguridade.
- Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.