Monforte de Lemos, 31 de decembro de 2020. O Concello de Monforte de Lemos informa que, tendo coñecemento de que moitos monfortinos e monfortinas están a recibir unha mensaxe nos seus móbiles na que se lles notifica “un posible recibo do Concello de Monforte” con cargo á súa conta e “en base a recibos anteriores”, indicando incluso unha data concreta de cargo do mencionado recibo, que dita información é totalmente falsa.
Do mesmo xeito, dende o Concello queremos remarcar que non se utilizan este tipo de canles informativas para o envío deste tipo de mensaxes en relación coa notificación de recibos nin de cobros ós cidadáns monfortinos, polo que lle trasladamos a todas aquelas persoas que recibiran ou poidan recibir unha mensaxe deste tipo, que non lle fagan caso algún, xa que con total seguridade trátase dunha “fake new” (noticia falsa).
Dende o Concello porase en coñecemento desta situación ó departamento de delitos cibernéticos da autoridade competente nesta materia, a fin de pescudar a orixe destas mensaxes falsas e actuar en consecuencia sobre os autores da mesma.