Monforte de Lemos, 4 de xaneiro de 2021. O Concello de Monforte informa que se ven de producir unha avaría na rede de subministro de auga de Gullade.
En concreto, a zona afectada comprende toda a marxe da estrada dende Gullade hacia Monforte.
Nestes momentos, a avaría está sendo reparada e espérase que o servizo poida ser restablecido nas próximas horas.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños da zona e rogamos desculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar.