Monforte de Lemos, 13 de xaneiro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega na maná de hoxe os diplomas acreditativos ós gañadores e gañadoras das diferentes categorías do “Concurso de Decoración de Nadal e Escaparatismo”, organizado polo Concello de Monforte dentro da campaña “Este Nadal eu merco en Monforte”.
O Alcalde resaltou na súa intervención, previa á entrega de diplomas e de bonos para o consumo nos locais de hostalería, “o noso obxectivo ó organizar este concurso foi dar un impulso ó comercio, á hostalería e ás familias, á vez que incentivar a decoración navideña na nosa cidade, nun ano diferente marcado pola crise do Covid-19. Así, podemos resaltar o éxito deste concurso que se traduce na inscrición de 43 participantes nas 5 categorías do mesmo”.
O Concello convocara este concurso a principios do mes de decembro de 2020, dentro dunha campaña de axudas para o Nadal promovidas polo Equipo de Goberno, e que se engaden a outras postas en marcha durante o 2020 por mor do Coronavirus.
En concreto, ideáronse 2 concursos para os cales destináronse axudas directas por valor de máis de 30.000 euros, para propiciar o consumo da cidadanía na hostalería e nos comercios de Monforte, durante os meses de decembro de 2020 e xaneiro de 2021. Os concursos convocados foron o “Concurso de Bonos de axuda para o Nadal” e o “Concurso de decoración do Nadal e Escaparatismo”.
Co Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo, o Concello buscaba fomentar a participación e a creatividade da cidadanía no embelecemento ornamental da cidade durante este Nadal, marcado pola crise da Covid-19, á vez que potenciar o comercio local e a hostalería do municipio. Para elo, contou coa implicación tanto de establecementos comerciais, como de hostalaría e os propios veciños de Monforte.
En concreto, neste concurso inscribíronse un total de 43 participantes nas 5 categorías do mesmo: Comercios e negocios (21 inscricións), Hostalería (5 inscricións), Vivendas unifamiliares: 7, Balcóns e/ou ventas de edificios: 7, Comunidade de veciños: 3 inscricións.
Os participantes no Concurso debían decorar os diferentes espazos propostos, recreando o ambiente propio do Nadal, utilizando para elo elementos tradicionais e propios destas festas, así como a iluminación e a composición ornamental características do Nadal.
Para as diferentes modalidade deste Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo o Concello destinou 5.300 euros en premios e axudas. O Xurado emitiu o seu fallo e deu a coñecer ós gañadores o pasado 30 de decembro de 2020.
Gañadores do concurso e do sorteo de bonos entre os inscritos
En concreto, na modalidade de Comercio foron premiados os seguintes locais:
- 1º premio, de 300 euros, que recaeu en: Mundo Fesport.
- 2º premio, de 200 €: Vinoteca Centro do Viño.
- 3º premio, de 100 €: Domingo Joyeros.
En canto á categoría de Hostalería tamén se outorgaron 3 premios a:
- 1º premio, de 300 euros: Garden Monforte.
- 2º premio, de 200 €: Abadía San Simón.
- 3º premio, de 100 €: Tapería Centro do Viño.
No caso das vivendas, para as Comunidades de Veciños os premios foron para:
- 1º premio, de 300 euros: Comunidade de Veciños Molinos de Antero, 22-24.
- 2º premio, de 200 €: Comunidade de Veciños Molinos de Antero, 18-20.
- 3º premio, de 100 €: Comunidade de Veciños-bloque 4- As Acacias.
Na categoría de Balcóns e ventás de edificios e vivendas, os gañadores foron:
- 1º premio, de 200 €: R/ Comercio, 17.
- 2º premio, de 100 €: R/ Conde, 54.
- 3º premio, de 50 €: R/ Concepción Arenal, 31- 2ºA.
Finalmente, na categoría de Vivendas unifamiliares os premiados foron:
- 1º premio, de 200 €: R/ María Paz de Tor, 62.
- 2º premio, de 100 €: R/ Carud, nº 2.
- 3º premio, de 50 €: Camiño das Bestas- Piñeira.
Ademais, entre todos os participantes nas diferentes modalidades, excepto os xa gañadores, estaba previsto o sorteo dun total de 25 lotes de bonos por un importe de 100 euros cada lote (cada lote inclúe 4 bonos de 25 €). Neste senso, o Xurado estimou oportuno que, ó non haber cuberto a totalidade dos premios no sorteo en todas as modalidades, e dando a oportunidade de que todos os participantes puidesen ter un merecido premio, por ser o primeiro ano deste concurso, decidiuse outorgar a todos os participantes o premio correspondente o importe de 100 €/premio en bonos (4 bonos de 25 euros), repartíndose entre eles un total de 28 lotes de bonos para gastar na hostalería de Monforte.
Estes bonos deberán consumirse como data límite o 31 de marzo de 2021, en calquera dos establecementos da hostalería do concello de Monforte de Lemos.
Concurso de Bonos de axuda para o Nadal
Do mesmo xeito, o Alcalde tamén recordou na síúa intervención que segue aberto, ata finais de xaneiro de 2020, o “Concurso de Bonos de axuda para o Nadal”, que se desenvolve nas principais emisoras de radio da cidade, Onda Cero e Radio Principal Cadena Ser, e no que os oíntes poden gañar, respondendo a unha sinxela pregunta, un bono de 25 € para gastar na hostalería e o comercio do municipio.
Para elo, os oíntes poden participar a través dun programa especial de luns a venres de pregunta-resposta, que se está a celebrar dende o 7 de decembro e que se estenderá ata o 29 de xaneiro de 2021.
En concreto, nas 5 primeiras semanas deste concurso xa están postos en circulación 800 bonos, por un valor de 20.000 euros.
Para este concurso o Concello de Monforte destinou 25.000 euros que xa se están a repartir a través de 1.000 bonos de axuda. O fin dos bonos é que poidan ser gastados tanto na hostalería coma nos comercios de todo tipo do municipio. Só se entrega un bono por persoa, unha vez que se acerte a pregunta formulada, polo que a mesma persoa non poderá participar dúas veces, é dicir, non poderá repetir.
En Radio Principal, o programa da comezo ás 13:05 horas de luns a venres, e pódese chamarse ó 982 400 512. No caso de Onda Cero, as chamadas para participar neste concurso pódense facerse a partir das 13:10 horas, temén de luns a venres, e no 982 418 243.
Os agraciados poden recoller os bonos na Casa do Concello de Monforte ata o día 12 de febreiro, poñéndose a disposición cada mércores os bonos da semana anterior. E o prazo límite para gastalos no comercio e na hostalería é o 20 de febreiro. Os establecementos teñen de prazo para solicitar ó Concello o pago dos bonos que se consuman nos seus negocios, ata o día 1 de marzo de 2021, por ser domingo o día 28 de febreiro.