Monforte de Lemos, 19 de febreiro de 2021. Dende o Concello de Monforte informamos que, dende o luns 22 ó venres 26 de febreiro, tanto a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro como a Biblioteca Municipal de Monforte permanecerán pechadas .
O motivo do peche é debido á realización das obras de reforma do cableado e mellora da instalación de acceso á Internet que se levarán a cabo durante os referidos días nestas instalacións municipais.
Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que este peche poida ocasionar; son obras necesarias para mellorar a calidade do servizo ós usuarios destas instalacións.