MENSAXE DE APOIO DO ALCALDE DE MONFORTE DE LEMOS A JULIA OTERO
Dende o Concello de Monforte, e eu como Alcalde, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, quero trasladarlle a nosa benquerida Julia Otero todo o noso cariño e todo o noso apoio, e desexarlle o mellor na súa loita contra o cancro.
Julia Otero é filla predilecta de Monforte e como tal, sempre exerceu como unha gran embaixadora tanto da nosa cidade como da Ribeira Sacra. Por iso, queremos agradecer a súa implicación constante coas nosas terras e recoñecer a súa aportación á promoción de Monforte en toda España, que é impagable.
Nas vindeiras horas, poñereime en contacto con ela para trasladarlle o apoio e o ánimo de todos os monfortinos e monfortinas, para que saia adiante felizmente canto antes, para que se reincorpore ó seu programa de radio e para que poidamos vela pronto por Monforte.
Moita forza, Julia, e recibe os nosos mellores desexos de todos nós para unha pronta recuperación.
José Tomé Roca
Alcalde de Monforte de Lemos