Monforte de Lemos, 23 de marzo de 2021. O Concello de Monforte celebrou onte o Día da Árbore e para conmemorar esta data, entregou a cada un dos 9 centros educativos da cidade de Monforte unha árbore frutal para que a planten nas súas instalacións.
Deste xeito, no día de onte luns, persoal municipal da concellería de Medio Ambiente repartiu unha árbore nos centros educativos de primaria e secundaria da cidade.
Está previsto que nos vindeiros días sexan plantadas ditas árbores nos espazos verdes dos centros.