Monforte de Lemos, 6 de abril de 2021. Como é tradición, hoxe, Martes de Pascua, volvéronse a celebrar os actos das honras á Virxe de Montserrat, sendo día festivo en Monforte.
Desta forma, a comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros da Corporación municipal e representantes dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 11 horas, á misa na honra da Virxe de Montserrat, na Igrexa da Régoa, dado que a Igrexa de San Vicente, lugar que tradicionalmente acolle estes actos litúrxicos, segue pechada debido ás obras de restauración que nela se están a levar a cabo. A eucaristía foi presidida polo párroco D. Rafael Mella e contou, como é tradición coa presencia das Camareras da Virxen.
Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, o Alcalde de Monforte renovou os votos coa Virxe e procedeuse á bendición dos campos.
“Dende o Equipo de Goberno do Concello, comprometémonos, ante a crise do coronavirus, a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e deste xeito, dado que a actual situación nos permitiu a súa celebración no propio Martes de Pascua, recuperamos unha tradición que o ano pasado nos vimos obrigados a ter que aprazar”, manifestou o Alcalde.