Monforte de Lemos, 16 de abril de 2020. O Concello de Monforte recorda que segue aberto o prazo para a presentación de solicitudes para a reserva de prazas por novo ingreso na Gardería Infantil Municipal.
Deste xeito, o prazo para a presentación destas solicitudes de reserva de praza abriuse o pasado 1 de abril e permanecerá aberto ata o día 30 deste mesmo mes de abril.
Requisitos para a solicitude de reserva de praza
Aquelas persoas que desexen solicitar un novo ingreso na Gardería Municipal deberán cubrir a correspondente folla de solicitude e presentala, preferentemente por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello, e tamén no Rexistro municipal.
Tanto a solicitude coma os requisitos para a solicitude de prazas na Gardería Municipal estarán colgados na páxina web oficial do Concello e tamén estarán dispoñibles fisicamente no Rexistro municipal, no Centro de Información á Muller (CIM) así como na Gardería municipal, co fin de dar as maiores facilidades posibles ós cidadáns.
Para calquera cuestión ou dúbida ó respecto, as persoas interesadas poden contactar co Centro de Información á Muller (982416350) sito no Paseo do Malecon s/n ou na Escola Infantil Municipal (982410992) na rúa Cobas s/n.