O prazo para a preinscrición na Gardería infantil municipal de Monforte remata o día 30 de abril

Monforte de Lemos, 16 de abril de 2020. O Concello de Monforte recorda que segue aberto o prazo para a presentación de solicitudes para a reserva de prazas por novo ingreso na Gardería Infantil Municipal.

Deste xeito, o prazo para a presentación destas solicitudes de reserva de praza abriuse o pasado 1 de abril e permanecerá aberto ata o día 30 deste mesmo mes de abril.

 

Requisitos para a solicitude de reserva de praza

Aquelas persoas que desexen solicitar un novo ingreso na Gardería Municipal deberán cubrir a correspondente folla de solicitude e presentala, preferentemente por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello, e tamén no Rexistro municipal.

Tanto a solicitude  coma os  requisitos para a solicitude de prazas na Gardería Municipal estarán colgados na páxina web oficial do Concello e tamén estarán dispoñibles fisicamente no Rexistro municipal, no Centro de Información á Muller (CIM) así como na Gardería  municipal, co fin de dar as maiores facilidades posibles ós cidadáns.

Para calquera cuestión ou dúbida ó respecto, as persoas interesadas poden contactar co Centro de Información á Muller (982416350) sito no Paseo do Malecon s/n ou  na Escola Infantil Municipal (982410992) na rúa Cobas s/n.

  Impreso Reserva praza NOVO INGRESO Curso 2021 2022