Monforte de Lemos, 17 de maio de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que, tal como tiña comprometido cos veciños da parroquia de A Parte, o inicio da segunda fase dos traballos de reforma e mellora da pranta baixa da edificación que acollerá o futuro local social de Probeiros.
Se nunha primeira fase, que se levou a cabo no mes de xaneiro deste ano 2021, o Concello procedeu á mellora do conxunto da estrutura do actual edificio existente, cunha inversión de 44.189,18 euros, nesta segunda fase, que dará comezo nos vindeiros días, procederase a rehabilitar a pranta baixa, acadando un local diáfano, que acollerá unha zona de cociña, un espazo para reunións e aproveitaranse as divisións existentes no interior para a instalación dunha zona de aseos. No exterior, instalarase unha foxa con pozo filtrante para o tratamento das augas residuais.
Para esta segunda fase de actuacións, o Concello de Monforte destina un investimento de 43.681 euros e adxudicou os traballos de mellora á empresa Couso Souto S.L. Para a execución dos traballos, que a continuación se describen, estímase un prazo de un mes.
Deste xeito, o Concello monfortino investiu un total 87.870,12 euros que permitirán ós veciños da parroquia de A Parte, contar cun novo local social.
O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que con esta actuación “seguimos levando a cabo obras de mellora nas parroquias da cidade, e neste caso, dotando dunha importante infraestrutura mediante a cal os veciños e veciñas de Probeiros, na parroquia de A Parte, disporán dun novo local social no que desenvolver actividades formativas e de ocio e lecer”.
“O compromiso que mantemos dende o Equipo de Goberno cos veciños do Concello de Monforte segue a ser firme, e apostamos por dotar de novos servizos e infraestruturas, neste caso, as parroquias do rural”, concluíu o rexedor monfortino.
Segunda fase de actuacións de mellora no local de Probeiros
O local conta cunha planta baixa de 11 metros de longo por 7 metros de ancho, que logo de ser rehabilitada, conta cun local diáfano, ó que se accede dende o pórche de 1,50 metros de fondo situado ó longo de toda a fachada principal.
Neste local diáfano integrarase unha zona de cociña e aproveitaranse as divisións existentes no interior para a instalación dunha zona de aseos.
Dado que a edificación existente atópase sen instalacións e sen revestimentos e sen carpinterías exteriores, as actuacións consistirán en:
- Dotar á edificación das instalacións interiores de abastecemento, saneamento, electricidade e para recepción de sinal de TV.
- Levar a cabo os revestimentos exteriores con morteiro monocapa e a colocación de carpinterías exteriores, así como os revestimentos e carpinterías interiores.
- Colocar o equipamento necesario para o funcionamento do local: cociña e aseos
- E no exterior, instalar unha foxa con pozo filtrante para o tratamento das augas residuais.
Descrición das actuacións
O Concello levará a cabo as seguintes actuacións na planta baixa e exteriores do edificio existente en Probeiros co obxectivo de adecualo como novo local social municipal.
Actuacións previas (no exterior):
- Escavación de foxos en terreos frouxos con pa retroescavadora, e axuda manual nas zonas de difícil acceso, limpeza e extracción de restos.
- Depuradora compacta de augas residuais por decantación-dixestión-filtración, modelo cilíndrico de poliéster reforzado con fibra de vidro, compartimentada, para 10 usuarios, capacidade 1500 litros, homologada: instalación enterrada sobre apertura de fosa executada e base de formigón HM-20, i/caseta prefabricada para aloxamento de soplante, bomba dosificadora, tanques de reactivos e cadro de control eléctrico.
- Pozo filtrante de formigón prefabricado, modelo homologado, de diámetro interior 100cm e 2 argolas tomados con morteiro de cemento M-15, segundo ISD-6, i/tapa e aro de conexión de entubados, elemento de ventilación, acometida e desaugadoiro do mesmo; instalación enterrada sobre base de asento de formigón HM-20 de 15cm de grosor e recheo de grava para filtración, en apertura de fosa executada.
Revestimentos:
Revocadura de paramentos exteriores con morteiro monocapa OC CSIII W2 continuo aplicado mecanicamente ou á plana, regulado e despezado mediante enlistonado, de 12 mm de grosor medio e acabado en imitación a pedra abuxardada por raspado con plana especial ou raspín sobre o morteiro parcialmente endurecido, en color segundo a Guía de Color e Materiais de Galicia.
No interior, gornecido mestrado realizado con pasta de xeso proxectado sobre paramentos vertical es interiores, acabado manual con llana.
Na zona de cociña e aseos, alicatado de paramentos interiores con azulexo, de dimensións 25x40cm, grupo de absorción BIII, colocado con morteiro cola gris C1TE, rexuntado en xunta fina con morteiro coloreado, i/pp de recortes.
No interior, pavimento de baldosas de gres porcelánico de 33,3x33,3cm con acabado de aspecto pedra, de dimensións 33,3x33,3cm, grupo de absorción BIa (absorción de auga moi baixa < 0,5%), clase de resbaladicidade 2, colocadas con morteiro cola de ligantes mixtos C2E en cor gris, con xunta non menor de 1 mm sobre cama de 5cm de espesor de morteiro de recrecido de chans M 10 e posterior rexuntado con morteiro específico coloreado, i/pp de recortes e limpeza.
No pórche: pavimento de baldosas de gres porcelánico de 33,3x33,3cm con acabado rugoso obtidas por prensado e monococión 1260°C, cunha absorción de auga do 0.8-2%, grupo BIa, resistencia á flexión 303 kg/cm2 e dureza 8, altamente resistente ao impacto, clase de resbaladicidade 3, cun rendemento de 9,02 pezas/m2, colocadas con morteiro cola de ligantes mixtos C2E en cor gris, con xunta non menor de 1 mm sobre cama de 5cm de espesor de morteiro de recrecido de chans M 10 e posterior rexuntado con morteiro específico coloreado, i/pp de recortes e limpeza.
Rodapé de gres porcelánico de 90x7cm, cunha absorción de auga do 0,8-2% grupo BIa, aspecto pedra , para uso en interiores, adherido con morteiro cola de ligantes mixtos C2E en cor gris e posterior rexuntado con morteiro específico coloreado, i/pp de recortes e limpeza.
Revestimento de paramentos verticais interiores con pintura plástica a base de copolímeros vinílicos en dispersión acuosa, color s/carta satinado totalmente lavable, con emplastecido previo de faltas, unha man de fondo e dúas de acabado liso, aplicada con brocha ou rolo.
Carpinterías:
A carpintería exterior será de aluminio lacado con acabado satinado segundo a Guía de Color e Materiais de Galicia, con rotura de ponte térmico, homologada e con clasificación, A3/E3/V3 segundo despeces e aperturas indicados nos correspondentes planos. Disporanse persianas de aluminio lacado na mesma color que o resto da carpintería exterior, inxectado con poliuretano en lamas de 30mm de espesor.
Acristalamento con vidro de dobre folla illante formado por un vidro laminar de 4+4 mm incoloro e un vidro flotado de 4 mm incoloro, con cámara de aire mediante perfil separador de aluminio de 12 mm con peneira molecular deshidratante e dobre selado a base de butilo e polisulfuro, i/perfil de neopreno e colocación de molduras, segundo NTE/FVE-9.
Portas de acceso de dúas follas abatibles de eixe vertical para panelar, para oco de 160x220cm, realizada en perfil de aluminio lacado con rotura de ponte térmico, en cor, segundo a Guía de Color e Materiais de Galicia, por aplicación de po de poliéster mediante atracción electroestática con posterior endurecemento e fusión das resinas a 220°, accesorios de ensamblaxe e bisagras de aluminio, tornillería e prisioneiros de aceiro inoxidable, sellante de silicona neutra en esquinas do cerco e xuntas de estanquidade interior e central de caucho elastómero, mesmo premarco de piñeiro vermello, pechadura de seguridade, accesorios, montaxe e regulación. Medida a unidade terminada.
Nos aseos, portas de paso para vernizar composta por folla cegas de 825x2030x35mm formada por armazón de aglomerado, trillaxe de madeira e taboleiro contrachapado, acabado en carballo , premarco de piñeiro vermello e marco de madeira de carballo de 100 mm de ancho, con guarnicións da mesma madeira de 70x12mm, pernios de fundición de latón de 100x54x12 mm con virola e agarradoira de aceiro inoxidable con escudo largo e acabado mate, i/asento e colocación, s/NTE-PPM.
Na sala previa a aseos, subministro e colocación de porta corrediza cega sen relevo, formada por: marco de carballo de 70x30 mm para vernizar, folla lisa para porta de paso cega de 825x2030x35mm, para vernizar, formada por armazón de aglomerado, trillaxe de madeira e taboleiro contrachapado acabado en carballo, picaporte estándar de 60 ó 70 mm para sistema corpo central, de latón pulido, i/ asento e colocación s/ NTE-PPM.
Instalacións:
Instalación completa de desaugadoiros do interior dunha vivenda formada por cociña e baños, realizados con canalización de PVC de homologada segundo UNE-EN 1329-1, en varios diámetros segundo CTE DB-HS5, conexionados a bote sifónico e inodoro a baixante. Mesmo accesorios, válvulas, conexión a baixante e demais material para a súa correcta execución. Totalmente rematada e en funcionamento.
Colocarase unha pequena fosa séptica con filtro biolóxico cunha capacidade de depuración de 1500 litros, que se estima suficiente tendo en conta o uso esporádico do edificio.
Instalación de auga fría e quente no interior dunha vivenda dende a súa entrada ata a cociña e os baños, realizada con tubaría de polietileno reticulado homologada segundo UNE-EN ISO 15875, en varios diámetros segundo normativa, protexida con tubo de PVC corrugado, mesmo accesorios de latón, chaves de corte, axudas de albanelaría e demais material para á súa correcta execución. Totalmente terminada e en funcionamento.
Instalación completa de electricidade do local cunha superficie 77,00 m² e un pórche de 16,50 m2, composta polos seguintes elementos: caixa de contadores, acometida, cadro eléctrico de 5750 W, circuítos de forza e alumeado necesarios, condutores de cobre unipolares illados para unha tensión nominal de 750 V e sección variable segundo usos, puntos de utilización (puntos de luz, interruptores e bases de enchufe), mecanismos de gama estándar en color branco con teclas, tapas e marcos respectivos, cableado, caixas de derivación, pequeno material, mecanismos, enchufes, luminarias, instalación de posta a terra, medios auxiliares e cantos accesorios sexan necesarios para a súa correcta instalación. Todo o cableado será libre de halóxenos. Totalmente montada, conexionada e probada, incluídas axudas de albanelaría para a instalación. Cumprindo: REBT, ITC-BT-25, ITC-BT-26, ITC-BT-27 e ITC BT-28.
Instalación de posta a terra: As especificacións da instalación de posta a terra recóllense nas instruccións ITC-18, ITC-24 e ITC-26. A instalación de posta a terra está formada por un cable ríxido de cobre espido de sección 35 mm2, formando un anel pechado que interesa o perímetro do edificio, disposto no fondo das gabias de cimentación a unha profundidade non menor que 0,80m. A liña principal de terra que parte do punto de posta a terra terá unha sección mínima de 16 mm2. Os condutores activos da instalación van acompañados dos correspondentes condutores de protección. A resistencia máxima da instalación será de 10 ohmios. Con este valor as tensións de contacto son inferiores a 24 V en emprazamentos condutores e 50 V nos demais casos.
Equipo de captación de RTV consistente en antena receptora terrestre FM circular, ganancia 1 dB, antena UHF dixital tipo V, canales 21-69, ganancia 17 dB con soporte formado por un mástil de lonxitude 3 m, diámetro 40 mm, cable coaxial RG 58 de sección 0,48mm2 e 50 Ohmnios, condutor de cobre i/pezas de fixación e ancoraxe.
Subministro e instalación en superficie en local e aseos de: catro luminarias no interior do local, dúas fóra no pórche, as necesarias na zona dos aseos e cociña, cos enchufes necesarios, ademais colocaranse as luminarias de emerxencia esixidas, segundo a normativa vixente, con tubo lineal fluorescente. Incluso accesorios e elementos de fincado.
Colocación de extintor portátil de pó químico ABC polivalente antibrasa, con presión incorporada, de eficacia 21A -113B, con 6 kg de axente extintor, con manómetro e mangueira con boquilla difusora. Incluso soporte e accesorios de montaxe.
EQUIPAMENTO:
- Dous inodoros de tanque baixo de calidade media e dimensións 670 x 360 mm, en branco; instalado mediante suxeición por parafusos de aceiro inoxidable en tacos de plástico, nivelado e rexuntada a base con cemento branco, e asento e tapa lacada, manguiño de encaixamento de desaugadoiro e mecanismos de alimentación e descarga.
- Tres lavabos con semipedestal de porcelana vitrificada, calidade media e dimensións 700x560 mm en acabado branco, con billame sanitario cromado para lavabo, mesturadora monomando, con aireador e enlaces de alimentación flexibles; instalación sobre pedestal e suxeición á parede mediante espárragos de aceiro cincado en taco plástico universal, i/nivelado e rexuntado do pedestal ó solo con cemento branco.
- Encimeira para cociña fabricada en granito nacional de 3cm de espesor, canto pulido recto, copete recto de 5cm de altura e 2,3cm de grosor, mesmo seo para encastrar vertedoiro sobre-encimeira e oco para placa vitrocerámica, totalmente colocada.
- Módulos baixos de cociña de 60x70x58cm, fabricados en melamina con acabado branco, con portas lacadas en branco de dimensións 598x698x18mm totalmente colocados.
- Módulos altos de cociña de 60x70x33cm, fabricados en melamina con acabado branco, con portas lacadas de dimensións 598x70x18mm, totalmente colocado.
- Vertedoiro de aceiro inoxidable para instalación en encimeira, de 2 cubetas, de 800x490 mm, con válvulas de desaugadoiro, para encimeira de cociña, equipado con billa monomando con cartucho cerámico para fregadeiro, gama básica, acabado cromado, composta de caño xiratorio, aireador, e enlaces de alimentación flexibles, válvula con desagüe e sifón.
- Placa vitrocerámica para encimeira, polivalente básica. Incluso selado de da xunta perimetral coa encimeira. Totalmente montada, instalada, conexionada y comprobada.
- Campá extractora integrable con 2 motores de aspiración, con tramo de conexión de tubo flexible de aluminio a conduto de extracción para saída de fumes. Incluso elementos de fixación.
- Frigorífico modelo americano de aceiro inoxidable con dispensador de xeo e tecnoloxía "No Frost".
- Termo eléctrico de aceiro inoxidable 316 para produción e acumulación de auga quente sanitaria, comercial, instalación vertical ou horizontal, 100 l de capacidade, potencia eléctrica 2000 w; i/ resistencia eléctrica, termóstato de seguridade e enchufe interruptor con piloto.