O vindeiro luns o Concello de Monforte abre o prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal

Monforte de Lemos, 3 de xuño de 2021. O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2021/2022 ábrese a partir do vindeiro luns día 7 de xuño.

Prazos para a presentación de solicitudes

O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical) será do día 7 ó 22 de xuño.

A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias por mor do Covid-19) na Secretaría do Conservatorio Municipal ou ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica ou da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

As probas terán lugar o día 23 de xuño ás 17:00 horas, de maneira presencial.

O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) será do día 7 ó 18 de xuño.

A inscrición poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade por mor da Covid-19) na Secretaría do centro ou descargando a solicitude de proba de acceso e o impreso de autoliquidación na Sede Electrónica ou na páxina web do Concello de Monforte,  enviándoa debidamente cuberta e co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

Estas probas de pase de grao terán lugar o día 21 de xuño ás 16 horas, de maneira presencial.

Finalmente, a inscrición en Preconservatorio, materia que vai dirixida a nenos/as de entre 6 e 7 anos a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio, realizarase do 7 ó 25 de xuño e do 6 ó 17 de setembro. A inscrición poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade) na Secretaría do Centro.

O prazo de renovación de matrícula para os alumnos que xa estudan no centro, (incluído preconservatorio) para o vindeiro curso 2021/22, estará aberto do día 7 ao 25 de xuño. A inscrición poderase facer presencialmente (coas correspondentes medidas de seguridade) na Secretaría do Centro.

Para mais información, poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982403893, en horario de atención ó público de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas.

ENLACES DE DESCARGA DE DOCUMENTACIÓN:

Solicitude Proba Acceso Conservatorio Monforte 2021-2022

Formulario Autoliquidación Conservatorio

 

Audicións Fin de Grao e Fin de Curso, no Edificio Multiusos

Do mesmo xeito, o Auditorio do Edificio Multiusos acollerá, neste mes de xuño, as Audicións Fin de Grao e Fin de Curso, que están dirixidas a todo o público en xeral e con entrada gratuíta. Estas audicións levaranse a cabo coas oportunas medidas de seguridade e protección ante a Covid-19.

A Audición Fin de Grao terá lugar o venres día 4 de xuño ás 19:00 horas. Actuarán os seguintes alumnos/as de 6º curso:

  • Sara Gegunde (Piano)
  • Andrea Ferreiros (Violín)
  • Brais Olmo (Clarinete)

Os seguintes días terán lugar varias Audicións Fin de Curso nas distintas especialidades e correrán a cargo  do alumnado do Conservatorio Municipal. As actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, ou en pequenos grupos de cámara. Serán as seguintes:

  • Audición Violín – 10 de xuño ás 18:00h
  • Audición Saxofón – 10 de xuño ás 19:00h
  • Audición Guitarra e Percusión – 11 de xuño ás 19:00h
  • Audición Piano – 15 de xuño ás 19:00h
  • Audición vento Metal, Clarinete e Frauta – 17 de xuño ás 19:00h