Monforte de Lemos, 26 de xuño de 2021. O Concello de Monforte informa da apertura do prazo de matrícula para os Cursos de Verán de Música e Danza que se organizan no Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibañez”: será do 28 de xuño ó 9 de xullo, e do 3 ó 10 de agosto.
Ó igual que na pasada edición de 2020, os cursos vanse desenvolver en diversas semanas tanto no mes de xullo coma no de agosto, algo que en anteriores anos so se celebraba no mes de xullo. Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, sinala que “dende o Equipo de Goberno do Concello, e dada a situación que seguimos a vivir por mor do COVID-19, decidimos manter a celebración destes cursos nos meses de xullo e de agosto, motivados polas necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas así como para que nenos e nenas poidan disfrutar dunhas vacacións activas practicando, como é neste caso, actividades tanto lúdicas coma formativas relacionadas coa danza e a música”.
Matrícula nos Cursos de verán de danza e música en Monforte
O prezo dos cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal “Mestre Ibañez” será, para todos os casos, de 25 euros, e neste prezo inclúese que os alumnos e alumnas poderán elixir ata un máximo de dúas materias, de música, danza ou ambas. Do mesmo xeito, poderán participar en máis materias cubrindo outra solicitude. O nivel das diferentes materias será de iniciación, medio ou avanzado.
O horario de desenvolvemento dos Cursos serán en horario de mañá, repartido por grupos e niveis, entre as 10 e as 13 horas. As clases das materias inscritas terán unha duración de unha hora, que se comunicará previamente, agás o Curso de música e movemento que se desenvolverá nun só grupo de 11 a 13 horas.
O prazo de inscrición abrirase a partir do vindeiro luns 28 de xuño ata o 9 de xullo, e do 3 ó 10 de agosto.
A inscrición realizarase na ventanilla de secretaría do Conservatorio en horario de mañá, aportando a solicitude e impreso de autoliquidación debidamente cubertos, copia do dni do alumno, e o recibo da taxa aboada. Tamén se pode enviar a documentación por correo electrónico: cursos.musicaedanza@concellodemonforte.com.
As solicitudes poderánse descargar na Sede Electrónica do Concello, no catálogo de trámites, modalidade "Conservatorio Municipal de Música”, ou recollelas na mesma secretaría do Conservatorio.
As MATERIAS DE INSTRUMENTO estarán dirixidas a alumnos e alumnas a partir de 6 anos de idade e constará de obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor..).
Para inscribirse nas materias de instrumento será indispensable que o alumno aporte o seu propio instrumento persoal, agás en piano e percusión.
En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos e alumnas de ata 7 anos. No caso da percusión, será preciso traer un par de baquetas.
O curso de MÚSICA E MOVEMENTO está dirixido especificamente a nenos e nenas de entre 4 e 5 anos. Constará dun taller específico e combinado de música e movemento, no que os alumnos e as alumnas iniciaranse na educación rítmica, vocal e auditiva. Neste taller os alumnos e as alumnas terán que aportar como material propio lapis, goma, afialapis e un xogo de pinturas.
Poderanse incrementar as prazas en música e movemento en función da situación sanitaria no momento da inscrición.
Polo que respecta á DANZA, estará dirixida tanto a nenos e nenas como a xóvenes en xeral nas súas distintas modalidades. Formaranse distintos obradoiros por idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.
MATERIAS, DATAS DE CELEBRACIÓN E PRAZAS DISPOÑIBLES
Música:
*Piano 1º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 12 ó 16 de xullo e contará con 9 prazas.
Guitarra eléctrica e acústica: a partir de 7 anos, celebrarase do 12 ó 16 de xullo e contará con 9 prazas.
Violín: a partir de 6 anos, celebrarase os días19, 20, 21, 26 e 27 13 ó 17 de xullo e contará con 9 prazas.
Vento metal/ Trombón, Trompeta: a partir de 6 anos, celebrarase do 19 ó 23 de xullo e disporá de 6 prazas.
*Piano 2º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 19 ó 23 de xullo e contará con 6 prazas.
**Música e movemento: de 4 a 5 anos, celebrarase do 19 ó 23 de xullo e disporá de 6 prazas.
***Percusión moderna: a partir de 6 anos, celebrarase os días 8, 9, 15, 16 e 22 de xullo e disporá de 15 prazas.
Saxofón: a partir de 6 anos, celebrarase do 2 ó 6 de agosto e contará con 9 prazas.
Guitarra: a partir de 6 anos, celebrarase do 9 ó 13 de agosto dispoñendo de 6 prazas.
Gaita: a partir de 6 anos, celebrarase do 16 ó 20 de agosto e disporá de 9 prazas
Frauta: a partir de 6 anos, celebrarase do 16 ó 20 de agosto e disporá de 6 prazas.
*Piano 3º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 16 ó 20 de agosto e contará con 9 prazas.
Percusión tradicional: a partir de 6 anos, celebrarase do 23 ó 27 de agosto e disporá de 15 prazas.
Clarinete: a partir de 6 anos, celebrarase do 23 ó 27 de agosto e disporá de 9 prazas.
*Piano 4º grupo: a partir de 6 anos, celebrarase do 23 ó 27 de agosto e contará con 9 prazas.
*En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as de 6 e 7 anos.
**En música e movemento aportarase lápiz, goma, afilalápiz e un xogo de pinturas.
***En percusión será preciso aportar un par de baquetas.
Danza:
Para as materias de danza tradicional e moderna será preciso que os alumnos e alumnas traian as súas propias zapatillas deportivas e en ballet clásico, zapatillas de media punta.
En danza, poderánse incrementar as prazas en danza en función da situación sanitaria no momento da inscrición.
Danza tradicional galega: a partir de 6 anos, terá lugar do 9 ó 13 de agosto, con 18 prazas.
Danza moderna 1: de 6 a 9 anos, terá lugar do 16 ó 20 de agosto, con 9 prazas.
Danza moderna 2: a partir de 10 anos, terá lugar do 16 ó 20 de agosto, con 9 prazas.
Ballet clásico: a partir de 6 anos, terá lugar do 16 ao 20 de agosto, con 9 prazas.
DESCARGA DE FORMULARIOS:
SER_CO_035_Solicitude_de_matricula_Formulario.pdf
SER_CO_035_A_01_Autoliquidacion_Formulario.pdf
Protocolo de seguridade ante o COVID-19
Un dos aspectos esenciais sobre os que o Equipo do Goberno traballou para garantir o éxito na organización e desenvolvemento dos Cursos de Música e Danza deste ano, foi o establecemento de protocolos de seguridade e hixiene fronte o COVID-19.
Así, deseñouse un protocolo de actuación para seguir escrupulosamente, acorde coas medidas prescritas polo Ministerio de Sanidade e en colaboración cos profesores do Conservatorio.
Así, as medidas son as seguintes:
- A entrada e saída ó centro farase de xeito gradual, gardando a distancia interpersoal.
- Na ocupación das aulas ou escenario de ser o caso, a distancia interpersoal mínima entre o alumnado será a que dicte nese momento a autoridade sanitaria.
- O desprazamento dos alumnos e alumnas polos pasillos do centro reducirase ao mínimo, organizándose as entradas e saídas das aulas con distancia interpersoal e escalonada.
- Realizarase unha hixiene cotiá e minuciosa das mans.
- Nos baños do centro haberá dispensadores de xabón, papel de secado desbotable e secadores de mans.
- Tanto á entrada do centro como nas aulas, colocarase un dispensador de xel hidroalcohólico.
- Os alumnos e alumnas usarán obrigatoriamente mascarilla que deberán usar nas respectivas clases, agás os que se inscriban en instrumentos de vento, que as deixaran de usar no momento que teñan que emitir o son, a modo individual.
- Colocarase papel desbotable nas aulas e solución desinfectante, para que profesores e alumnos poidan proceder a desinfectar o seu material de traballo, atril, pupitre (de ser o caso) e espazo persoal ao abandonar a aula. Os alumnos que teñan que eliminar secrecións respiratorias utilizarán tamén o papel desbotable que deberán arroxalo a unha papeleira axeitada.
- Deberá evitarse estreitar as mans e o contacto físico.