Monforte de Lemos, 2 de xullo de 2021. O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico por obras na Praza de Doutor Goyanes.
Os cortes ó tráfico produciranse o vindeiro luns 5 e martes 6 de xullo, en horario de 14.30 a 20:00 horas e afectarán ó entorno da citada praza.
Así, o tráfico estará debidamente ordenado a través das sinalizacións correspondentes ubicadas:
- No cruce do Campo de San Antonio coa rúa Antonio Méndez Casal.
- No Malecón a altura do Ambulatorio
- Na entrada de Doutor Goyanes
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.