O proxecto "XEOGRAFÍAS DA CIDADE NOCTURNA: Análise comparativa e aplicada do lecer nocturno novo en Madrid, Barcelona e Lisboa”, financiado na V Convocatoria de Axudas á Investigación do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade (2018), pretende, a través dun estudo multiescalar, interdisplinar e con enfoque de xénero, avaliar as prácticas de lecer nocturno en relación coa saúde bio- psico-social (social, afectiva e sexual) dos e as mozas de Madrid, Barcelona e Lisboa. O proxecto ten como meta final xerar unha Guía de Boas Prácticas sobre a gobernanza do lecer nocturno que poida ser replicable máis aló da xeografía ibérica, e consolidar unha rede de investigación científica tanto fundamental como aplicada sobre prácticas e formas institucionais de gobernanza do lecer nocturno no contexto ibérico (España -Portugal).