Monforte de Lemos, 6 de agosto de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ben de asinar o decreto mediante o cal comunica á empresa FCC, adxudicataria do servizo de recollida de lixo e de limpeza viaria no Concello, as necesidades básicas municipais diante da convocatoria de folga indefinida dos traballadores desta empresa, que está previsto que comece o vindeiro luns 9 de agosto.
Este decreto de Alcaldía ven motivado logo de que a empresa FCC comunicara ó Concello a súa proposta de servizos mínimos que, unha vez analizada polo Técnico municipal de Medio Ambiente, considerou, a través dun informe técnico, que estes servizos mínimos “son insuficientes para dar cobertura as necesidades básicas dos cidadáns e como consecuencia de elo poida darse unha situación de insalubridade para a cidadanía”.
No mesmo senso, dende a 1ª Tenencia de Alcaldía, trasladouse un comunicado á empresa FCC no que se indica que “tendo a obriga a empresa adxudicataria de prestar os servizos de limpeza e recollida de lixo contratados para os veciños e veciñas de Monforte, establecen un servizos mínimos xenéricos que non detallan nin concretan os lugares onde se van prestar os citados servizos mínimos”.
Así mesmo, “dende o Concello instamos tanto á empresa como ós traballadores, a realizar un esforzo negociador e acadar un acordo satisfactorio para ambas partes, co obxectivo de non prexudicar a todos os monfortinos e monfortinas, especialmente ó comercio e á hostalería, o que iría en contra da economía do tecido produtivo do Concello”, resalta o comunicado asinado por Gloria Prada.
Necesidades básicas municipais
Se finalmente se produce a folga anunciada para o día 9, dende o Concello estímase necesario, en base ó Informe do Técnico Municipal de Medio Ambiente, “atender ós servizos públicos socio-sanitarios e de alta concentración humana, sobre todo tendo en conta a situación de pandemia na que nos atopamos”.
Deste xeito, o Decreto de Alcaldía, que foi trasladado á empresa FCC, contempla que, dentro dos servizos mínimos que se establezan de producirse o inicio da folga indefinida, debe recollerse o lixo en:
- Hospital Comarcal.
- Centro de Saúde.
- Residencias de Maiores.
- Centros de Día.
- Edificios Municipais.
- Garderías, Colexios e Institutos.
- Cemiterio.
- Casco Histórico e Parador de Turismo.
- Mercado Gandeiro (Feira).
- Praza de Abastos.
- Estación de Autobuses e de Ferrocarril.
- Zona peonil, por contar con moita actividade hostaleira e comercial, así como unha alta concentración de persoas.
O Decreto emitido polo Alcalde tamén incide en que “si se chega a producir unha situación que o Concello entenda coma insalubre para os cidadáns, o Concello, igual que xa se ten feito noutras cidades, tomará as medidas necesarias para recoller o lixo e limpar as rúas”.
Servizos mínimos establecidos ante a folga
O Decreto do Alcalde tamén resolve fixar coma servizos mínimos a realizar na prestación do Servizo de Recollida e Transporte de Residuos Urbanos, Limpeza Viaria e outros servizos complementarios do Concello de Monforte, dende o 9 de agosto de 2021 ata o fin da folga indefinida convocada os seguintes:
- Limpeza viaria:
- 1 condutor, en quenda de mañá, de luns a sábado. Barrido/baldeo mecánico de calzadas e barrido/baldeo mixto.
- 3 peóns, en quenda de mañá, de luns a sábado. Barrido manual individual.
- 2 peóns, en quenda de mañá, domingos e festivos. Barrido manual individual.
- Recollida de residuos sólidos urbanos:
- 1 condutor, en quenda de tarde-noite, de luns a sábado. Reparto de cubos e recollida de cubeo.
- 2 peóns, en quenda de tarde-noite, de luns a sábado. Reparto de cubos e recollida de cubeo.
- 1 condutor, en quenda de noite, de luns a sábado. Recollida de cubeo.
- 2 peóns, en quenda de noite, de luns a sábado. Recollida de cubeo.
- 1 condutor, en quenda de mañá, luns, mércores e venres. Recollida carga traseira rural.
- 1 peón, en quenda de mañá, luns, mércores e venres. Recollida carga traseira rural.
- 1 condutor, en quenda de mañá, de luns a venres. Recollida selectiva carga superior.
- 1 condutor, en quenda de tarde-noite, domingos e festivos. Reparto de cubos e recollida de cubeo.
- 2 peóns, en quenda de tarde-noite, domingos e festivos. Reparto de cubos e recollida de cubeo.
- Servizos comúns (área RBU-LV):
- 1 responsable-capataz, de luns a sábado.
- 1 administrativo, en quenda de mañá, luns, mércores e venres.
- 1 mecánico, de luns a sábado.