A UAD publica o boletín Familiar do mes de Setembro

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR do mes de Setembro 2021

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"CIBERACOSO. QUE É E COMO DETELO (PARTE 2)

Dez cousas que os adolescentes queren saber sobre o ciberacoso

Ciberacoso é acoso ou intimidación por medio das tecnoloxías dixitais. Pode ocorrer nas redes sociais, as plataformas de mensaxería, as plataformas de xogos e os teléfonos móbiles. É un comportamento que se repite e que busca atemorizar, enfadar ou humillar a outras persoas.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.