O Alcalde asina coa Xerente do “SEA” a adquisición dunha parcela no Polígono do Reboredo, para cubrir as súas necesidades de desenvolvemento

Monforte de Lemos, 15 de setembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a Xerente da entidade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico” (SEA), Beatriz Sestayo Doce, asinaron na mañá de hoxe a adquisición, por parte do Concello, dunha parcela no Polígono industrial de O Reboredo, “para seguir cubrindo as necesidades de desenvolvemento deste polígono”, destacou o Alcalde.

A xerente de SEA aproveitou a súa visita a Monforte para facer efectiva ante notario a sinatura de outras tres novas ventas no polígono industrial do Reboredo, no que, tras os bos resultados destes dous últimos años, solo quedan catro parcelas dispoñibles, e outra parcela xa está comprometida pero aínda non escriturada.

En concreto, asináronse vendas cunha compañía metalúrxica, unha empresa de enxeneiría, outra vinculada á construción e co Concello de Monforte.

Trátase de catro parcelas que permitirán sumar a tres novas empresas ó polígono, nunha extensión total de 27.173 metros cadrados, posto que unha das superficies vendidas ascende a máis de 14.000 metros cadrados. En cifras económicas, as operacións supoñen un desembolso para as compañías de 529.873 euros máis IVA.

As operacións asinadas esta mañá pola xerente de SEXA súmanse ás pechadas nos últimos meses e que reflicten o dinamismo do polígono, nun antes e un despois evidente tras estes dous últimos anos.

En concreto, neste ano 2021, o organismo estatal Suelo Empresarial del Atlántico tamén pechou operacións que afectan ás parcelas 2C e 3C, que suman 14.912 metros cadrados -290.784 máis IVA-; e as 14A e 15ª, que supoñen un total de 8.988 metros cadrados -175.266 euros máis IVA-.

José Tomé salientou en que “por parte do Concello, imos seguir traballando para levar a cabo actuacións de melloras moi relevantes, que teñen que ver co aumento do desenvolvemento urbano e tamén coa mellora do saneamento integral do Polígono”.

Beatriz Sestayo puxo en valor que as importantísimas operacións, en termos económicos e, sobre todo, de xeración de emprego logradas en Monforte nestes dous últimos anos supoñen que, a día de hoxe, só queden dispoñibles catro parcelas, polas que xa se constatou interese de distintas empresas.

Do mesmo xeito, a xerente do SEA amosou a súa satisfacción polo transcendente impulso do Polígono Industrial de Monforte, “exemplo claro de dinamización económica e creación de emprego dende a proactividade e a colaboración institucional”.

 

Aposta firme do Concello de Monforte polo Polígono do Reboredo

O Polígono do Reboredo é un polígono con moitas posibilidades e ben comunicado, por atoparse a 1,5 Km da N-120 e tamén da futura autovía A-76, así como unha ubicación xeográfica que o pode facer atractivo para empresas de fora do ámbito territorial local.

“Afortunadamente, o Polígono, despois de moitos anos nos que non tiña a demanda que se esperaba cando se construíu, a principios dos anos 80, e logo dunha boa promoción que fixemos ó longo do tempo, temos case a práctica totalidade das súas parcelas vendidas a empresas interesadas en instalarse aquí ou crecer”, destacou o Alcalde.

Boa mostra da saúde da que goza é a necesidade da ampliación do Polígono para cubrir a demanda actual, necesidade que dende o Concello xa lle foi solicitada hai unhas semanas á SEPE e a Suelo Empresarial del Atlántico, que é a entidade que se encarga da xestión e venta das súas parcelas de uso industrial.

“O polígono do Reboredo está de noraboa porque está crecendo e dende o Concello pensamos en articular novas medidas de crecemento, motivo polo cal solicitamos hai unhas semanas o SEPES o incremento da súa superficie, para que haxa máis posibilidades industriais nesta zona do interior de Galicia”, recordou José Tomé.

 

Novas actuacións de mellora no Reboredo

No pasado mes de xullo deste ano 2021, o Concello licitou o proxecto para a conversión dun camiño público do Polígono nunha nova vía que facilitará as comunicacións internas do polígono, así como o seu desenvolvemento e ampliación.

Neste proxecto, o Concello investirá case 236.000 euros, cun orzamento total de 355.627,16 euros, para acadar unha vía de 16,50 metros de ancho e dotada de todos os servizos de iluminación, saneamento e beirarrúas.

Outra das iniciativas propias nas que o Concello está a traballar xa é na rehabilitación dunha nave do polígono, propiedade municipal, para convertela nun futuro Viveiro de Empresas, para o cal a inversión destinada polo Equipo de Goberno monfortino supera os 235.000 euros, dun orzamento total de máis de 427.000 euros, e con posibilidades de ampliación, si fose necesario.