Monforte de Lemos, 20 de setembro de 2021. Este xoves 23 de setembro ás 21:00h e na praza da Compañía terá lugar unha observación astronómica nocturna baixo o título “O Camiño das Estrelas. As Estrelas do Camino”.
O Concello de Monforte programa esta actividade de divulgación astronómica nocturna. en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller. Do mesmo xeito, conta co financiamento da Consellería de Cultura e Turismo dentro do programa O teu Xacobeo.
O propósito é poñer en valor o significado da Vía Láctea e a súa relación co Xacobeo, explicando en que condicións marca o camiño cara a Compostela. O proxecto adentrará ós participantes no mundo da astronomía mediante a visión nocturna tanto a simple vista como con telescopios.
Debido a situación sanitaria é obrigatorio o uso de máscaras, haberá que gardar a distancia de seguridade e haberá prazas limitadas.