O Concello publica o listado de persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais

Monforte de Lemos, 28 de setembro de 2021. O pasado mércores 22 de setembro finalizou o prazo para presentar a solicitude de participación no programa de escolas deportivas municipais curso 2021 – 2022 do Concello de Monforte de Lemos.

Unha vez feita a revisión da documentación presentada polas persoas interesadas en participar, pódese consultar o listado de admitidos e admitidas no seguinte arquivo:

 

LISTADO DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE MONFORTE CURSO 2021-2022

 

A oferta deportiva feita polo Concello de Monforte para este curso conta cun incremento importante no número de prazas, xa que moitas das actividades duplicaron o número de grupos ofertados, con respecto á tempada anterior.

En particular, a modalidade de ioga pasa de 2 a 3 grupos, a modalidade de ximnasia de mantemento pasa de 2 a 4 grupos, a modalidade de tai chi pasa de 1 a 2 grupos e a modalidade de zumba para adultos pasa de 1 a 2 grupos.

No momento do peche das inscricións a porcentaxe de prazas cubertas sitúase no 67 %, de xeito que aínda quedan as seguintes prazas dispoñibles:

 

Modalidades de adultos/as:

MODALIDADE/GRUPO

PRAZAS DISPOÑIBLES

Ximnasia de mantemento luns – mércores 10:30 – 11:30 h.

5

Ximnasia de mantemento martes - xoves 10:30 – 11:30 h.

3

Ximnasia de mantemento martes - xoves 17:00 – 18:00 h.

10

Tai Chi martes (19:45) – Venres (20:00)

1

Tai Chi luns – xoves  17:30 – 18:30

5

Zumba luns xoves 11:00 – 12:00

6

Zumba martes - xoves 17:00 – 18:00

4

 

Modalidades de nenos/as:

MODALIDADE/GRUPO

PRAZAS DISPOÑIBLES

Pádel

15

Golf

12

 

Todas as persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles poderano facer presentando a documentación requirida no rexistro do Concello.

A actividade das escolas deportivas municipais curso 2021 – 2022 dará comezo o vindeiro luns 4 de outubro.

Todas as persoas con praza poderán comezar as clases na data e no horario indicado para cada actividade.

As persoas que queiran renunciar a algunha das prazas concedidas deberán poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Deportes antes do inicio das clases.